Segue a busca, con cans de rastrexo, do octoxenario desaparecido en Carballo

|

Desaparecidocarballo


A procura do home de 81 anos desaparecido no termo municipal de Carballo o pasado venres, hai cinco noites, mantense con batidas pola zona, segundo confirmaron a Europa Press fontes da Benemérita.


Na súa busca participaron nos últimos días membros de Protección Civil, así como familiares e veciños do lugar, sen que polo momento se obtivese ningún resultado. Esta xornada contaron coa axuda de cinco cans especializados en buscar persoas desaparecidas. Segundo informan varios medios, son cans da Unidade Canina da Garda Civil e da Asociación de Cans de Salvamento de Galicia.


No operativo peitéanse pistas próximas ao domicilio do desaparecido, pero non se descarta que se desprazase máis lonxe.


O octoxenario, José Lemos, falta da súa casa, localizada de Entrecruces, desde o pasado día 23 pola tarde, cando saíu do seu domicilio para acompañar a uns parentes.

relacionada ​Terceira noite sen noticias do octoxenario desaparecido en Carballo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress