Aumentan nun 14% os fondos das axudas para a prevención de incendios en montes veciñais

A Consellería do Medio Rural destina para o próximo 2017 un total de 4 millóns de euros en axudas a este fin.


|

Incendiomonte

A Consellería do Medio Rural destina para o próximo 2017 un total de 4 millóns de euros en axudas para a prevención dos danos causados por incendios ou desastres naturais en montes veciñais en man común e Sociedades de Fomento Forestal (Sofor), un 14% máis que na convocatoria anterior.


Estas axudas, publicadas este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG), están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.


Esta orde de subvencións engloba dúas liñas de subvención. Por unha banda, financia o control selectivo do combustible en áreas devasas, fajas auxiliares de pista, rexenerado forestal natural e a roza de penetración, rareo e eliminación dos restos de masas forestais. O orzamento destinado a esta liña é de 3,5 millóns de euros.


A segunda liña de subvención financia a construción de puntos de auga, que deberán localizarse en zonas estratéxicas para a defensa dos núcleos de poboación e das masas forestais. O orzamento previsto ascende a 500.000 euros.


Poderán solicitar estas axudas os titulares de montes veciñais en man común, así como as súas agrupacións e mancomunicades, sempre que a superficie forestal mínima por expediente sexa de 100 hectáreas. No caso das Sociedades de Fomento Forestal ou de zona de especial protección dos valores naturais, a superficie mínima será de 50 hectáreas. Ademais, as cotas mínimas de reinversión dos montes veciñais serán do 40% de todos os ingresos xerados.


A presentación de solicitudes realizarase por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta.

relacionada Extinguido o incendio forestal en Carballeda de Valdeorras
relacionada ​Aplican a técnica de 'mulching' nas zonas ardidas en Porto do Son

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE