Xa se coñecen os primeiros voos cancelados pola folga de Ryanair, que afectará a Lavacolla

As primeiras cancelacións teñen que ver cos voos que operan por Bélxica. O aeroporto compostelán ten unha conexión con Bruxelas.

 


|

As primeiras cancelacións teñen que ver cos voos que operan por Bélxica. O aeroporto compostelán ten unha conexión con Bruxelas.

 

A folga, que comeza mañá, está convocada para os días 24, 25, 26 e 30 de xuño e 1 e 2 de xullo.

 

Voos ryanair
Voos Ryanair | Foto: EP

Mañá, con motivo do festivo de San Juan, comeza o verán para moitos. Con todo, algúns viaxeiros atópanse coa dúbida de se poderán ou non voar, sobre todo aqueles con un billete coa compañía Ryanair, que mañá inicia a súa folga para os tripulantes de cabina de pasaxeiros da compañía irlandesa.

 

CANCELACIÓNS EN BÉLXICA

A folga prolongarase desde o 24 de xuño ata o 2 de xullo. Seis xornadas de parón nunhas datas críticas polo inicio da tempada estival. para os días de folga Ryanair ten previsto efectuar 2.649 operacións, ao redor de 440 movementos diarios, ofertando máis de 500.000 asentos en dez aeroportos. Desde a Unión Sindical Obreira publicaron unha listaxe con algúns dos 26 voos afectados, todos eles procedentes de Belgica.

 

Na listaxe provisional non figura o aeroporto compostelán, que con todo conta cunha liña de Ryanair que realiza o roteiro entre a capital galega e Bruxelas. Entre as conexións internacionais tamén atopamos ás cidades de Paris, Milan, Marsella, Dublin ou Frankfurt. Hai uns días, USO anunciou que sindicatos de Bélxica, Portugal, Francia e Italia sumábanse á convocatoria. 

 

Unnamed (1)
Listaxe USO

SERVIZOS MÍNIMOS

Ao tempo, o sindicato denuncia os “servizos mínimos abusivos” ditados polo Ministerio de Transportes. En Santiago os servizos mínimos son do 76%.

 

“Non entendemos como pode ser que uns servizos mínimos ditaminados a día de hoxe, con dúas sentenzas xudiciais previas dicindo que os servizos mínimos ditaminados por eles eran abusivos, volvan ser claramente vulnerantes do dereito a folga dos traballadores de Ryanair”, critican nun comunicado.

 

“Non nos queda máis que sorprendernos por esta actitude totalmente pasiva do Goberno e do Ministerio e que a Administración ten que deixar de mirar para outro lado e o único que están a pedir os traballadores de Ryanair en España é que se cumpra a lexislación española e que senten cos sindicatos escollidos polos traballadores para negociar un convenio colectivo”, agregan na nota.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE