A Xunta di que todo normal en urxencias a pesar das queixas no hospital da Coruña e os paros no de Vigo
A Consellería de Sanidade defende a eficacia do plan de inverno en Galicia ante a alta presión asistencial provocada pola gripe e outros virus respiratorios, mentres o persoal sanitario do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) alerta dunha saturación “grave e prolongada” no servizo de Urxencias. No Cunqueiro de Vigo, os sanitarios están tan fartos que han convocados paros de 5 minutos en urxencias todos os días. Con todo, o presidente da Xunta indica que todo funciona con normalidade.
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, asegurou que o sistema sanitario galego “responde con normalidade” ante o repunte de contagios de gripe e outras infeccións respiratorias rexistrado durante as festas do Nadal. En rolda de prensa ofrecida xunto á directora do Centro Galego para ou Control e a Prevención de Enfermidades, Marta Piñeiro, o responsable autonómico insistiu en que o pico da epidemia “xa se superou” e que a intensidade actual é baixa, aínda que pediu “cautela” tras o período festivo.
Onte a Comisión de Centro do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) denunciou un “colapso grave e continuado” no seu servizo de Urxencias desde os primeiros días de 2026. Segundo o persoal, máis de 240 pacientes chegaron a ser atendidos simultaneamente, con 68 deles esperando cama para ingresar. A situación, afirman, afecto tanto á calidade asistencial como á saúde e seguridade do persoal sanitario.
Protestas nas Urxencias do hospital de Vigo
O persoal de Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo iniciou esta semana mobilizacións en forma de paros diarios de 15 minutos para denunciar o “colapso” e a “situación crítica” que, aseguran, arrastra o servizo desde hai anos.
As protestas consisten en paros entre as 17:00 e as 17:15 horas, de carácter indefinido, e desenvólvense sen afectar as urxencias vitais, que o persoal se compromete a seguir atendendo con normalidade.
O colectivo xustifica a convocatoria por unha sobrecarga asistencial continua, a falta de espazo físico e a ausencia de solucións estruturais, que obrigan a manter durante días en urxencias a pacientes que xa teñen indicado ingreso en planta por non haber camas dispoñibles, o que multiplica o traballo e a presión sobre o equipo.
Entre a súa críticas figura tamén que o reforzo aplicado polo Sergas baséase, en boa medida, en dobrar quendas e recorrer a persoal sen experiencia previa en urxencias, algo que, segundo os traballadores, deteriora a súa saúde laboral e pode comprometer a seguridade asistencial.
Pola súa banda, o #Sergas e a dirección da área sanitaria de Vigo afirman non ter constancia formal dun escrito ou demanda deste grupo, subliñan que os picos de demanda débense á gripe e outras infeccións respiratorias, e sosteñen que a situación se está resolvendo “sen incidencias significativas” grazas aos reforzos e ao plan de inverno.
A administración sanitaria engade que existe xa un plan de reforma e ampliación das urxencias do Cunqueiro “moi avanzado”, que prevé aumentar tanto o espazo como os recursos do servizo, aínda que o persoal mobilizado reclama que se concreten prazos e medidas efectivas mentres dure a presión asistencial.
Fronte a estas críticas, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ha hechohoy un chamamento á calma, asegurando que as urxencias “funcionan con normalidade” e que as campañas de vacinación “están a contribuír a conter os contagios”. Aínda que recoñece que o inverno é un período especialmente exixente, subliña que “o sistema sanitario galego está a responder con eficacia á situación”.
Caamaño destacou a alta cobertura @vacunal alcanzada en Galicia esta tempada, cun total de 876.347 persoas inmunizadas fronte á gripe. A porcentaxe de vacinación entre os maiores de 65 anos subiu até o 73,17%, e entre o persoal sanitario alcanza xa un 66%, doce puntos máis que o ano pasado. No caso dos maiores de 80 anos, a inmunización supera o 82,5%.
As vacinas fronte á covid-19 e o virus respiratorio sincitial (VRS) tamén mantiveron bos niveis de cobertura. Sanidade informou da administración de 480.000 dose contra o coronavirus, alcanzando un 60% de cobertura en maiores de 70 anos, e de máis de 10.100 bebés inmunizados contra o VRS, principal causante da bronquiolitis.
O Chuac denuncia unha “saturación total” pese ao plan de inverno
A xerencia da área sanitaria da Coruña e Cee recoñeceu unha “maior demanda asistencial”, pero rexeitou falar de colapso estrutural. Defende que están activos os protocolos do plan de inverno, un dispositivo que concentra reforzos de persoal, apertura de camas e medidas organizativas en todos os hospitais galegos. Sanidade insiste en que o incremento de casos responde a un contexto estacional marcado pola coincidencia de gripe, bronquiolitis e outros virus respiratorios.
Fontes do Sergas sinalaron a Galiciapress que o Chuac mantén “toda a súa capacidade operativa” e que se están activando medidas adicionais para xestionar os picos de urxencias. Nos últimos días, o complexo coruñés concentra parte importante da afluencia hospitalaria do norte de Galicia, con 60 pacientes ingresados por gripe confirmada.
A epidemia remite lentamente pero mantén a presión
O último informe de vixilancia epidemiolóxica da Dirección Xeral de Saúde Pública confirma que o pico da gripe produciuse na primeira semana de decembro e que a incidencia mantén unha tendencia descendente. Na actualidade, a taxa de consultas por este virus en atención primaria sitúase en 75,7 por cada 100.000 habitantes, un 5,6% menos que a semana anterior. Con todo, entre os maiores de 80 anos detectouse un incremento do 45%, con 72,1 consultas por 100.000 habitantes.
Nos hospitais, a taxa media de ingresos por gripe rolda os 15,5 por cada 100.000 habitantes, con Ourense, Ferrol e Lugo á cabeza. En total, notificáronse 3.259 ingresos durante a tempada, na súa maioría por gripe A. Ao longo da segunda quincena de decembro, atendéronse máis de 50.000 urxencias nos hospitais galegos, especialmente nas áreas da Coruña e Vigo, que superaron as 10.000 en cada caso.
As vacinas, peza crave na estratexia galega
A Consellería de Sanidade reivindica que o éxito das campañas de vacinación foi “clave” para reducir a gravidade dos cadros respiratorios este inverno. Caamaño lembrou que o programa de inmunización en bebés fronte ao VRS alcanza o 96,5% de cobertura e que o ensaio clínico Sincigal, sobre vacinación de adultos contra este virus, conta xa con máis de 18.000 participantes.
Sanidade advirte, no entanto, que o impacto das festas do Nadal podería alterar as cifras nas próximas semanas. Por iso, recomenda manter a prudencia e acudir en primeira instancia aos centros de saúde ou PAC en casos leves, reservando as urxencias hospitalarias para situacións graves.
Mentres tanto, os hospitais galegos continúan afrontando xornadas de alta demanda, en especial na área coruñesa. As protestas dos sanitarios evidencian os retos estruturais da sanidade pública galega durante os meses de inverno, cando a combinación de virus respiratorios e menor dispoñibilidade de persoal tensiona ao máximo a atención hospitalaria. Uns problemas que se repiten todos os anos sen que o SERGAS sexa capaz de atallalos.
Escribe o teu comentario