Folga en Monbus: seguimento do 100% en Ferrolterra segundo a CIG e a Xunta alega que hai máis liñas que antes

Reprocha "pasividade" á Xunta, que alega que o transporte ten unha "maior calidade que antes"


|

 Os choferes soportan xornadas excesivas e despídese aos que protestan, critica o sindicato nacionalista

 

O Goberno Gallego responde que o servizo é máis abundante e máis barato. No transporte escolar decretou servizos mínimos do 100%.

 

Protesta en Ferrol durante a folga en Mobu00fas
Protesta en Ferrol durante a folga en Mobu00fas

 
A CIG destacou o "éxito" da folga en liñas de Monbus convocada nas liñas entre A Coruña-Betanzos-Ferrol e o transporte escolar de Ferrolterra, unha mobilización contra "os abusos laborais, os despedimentos e a deterioración do servizo".

Nun comunicado, afirma que "o 100% do persoal das UTE do grupo Monbus que fan o servizo regular entre A Coruña-Betanzos-Ferrol están secunando a folga". En concreto, indica que "só están a funcionar os servizos mínimos".
 

TRANSPORTE ESCOLAR
Con todo, sinala que no caso do transporte escolar de Ferrolterra "o persoal condutor e o acompañante non puido exercer o seu dereito a folga xa que a Consellería de Educación decretou uns servizos mínimos do 100%".

Ademais, coincidindo coa folga, a CIG realizou una concentración ante os xulgados de Ferrol con motivo do xuízo polo despedimento dun traballador, que o responsable de Transportes deste sindicato, Xesús Pastoriza, vinculou cunha "represalia sindical" por ser membro do comité.

Así mesmo, o sindicato denuncia falta de persoal e sobrecarga de traballo, á vez que reprocha "pasividade" da Xunta, á que achaca "responsabilidade" nesta situación.

 A Xunta DI QUE AGORA O SERVIZO É MELLOR
Pola súa banda, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou que os servizos directos de transporte de autobús entre A Coruña e Ferrol "teñen unha calidade moito maior que antes" en canto a que "se incrementaron de maneira substancial e ademais a tarifa dos usuarios é moito máis económica".

Así o manifestou a preguntas dos xornalistas sobre a folga convocada. "Estamos a falar dun conxunto de liñas totalmente renovado e modernizado, dentro do plan de transporte público de Galicia", insistiu a conselleira, quen asegurou que a Xunta incrementou "unhas 160% paradas e uns 100% servizos".

Vázquez engadiu que a rede galega "contrasta" co mapa de concesións do Goberno de España que está "a suprimir paradas e servizos".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE