Vigo vai perder poboación polo auxe dos pisos turísticos que dispara os alugueiros, alerta a Marea

Advirte de que xa hai máis prazas en pisos e apartamentos vacacionais que en establecementos hostaleiros


|


 

Santiago, Pontevedra e Oleiros son algúns dos concellos galegos que xa puxeron ou límites a estes polémicos aloxamentos. En opinión de Marea de Vigo, Abel Caballero debería seguir ese camiño, que acaba de avalar a Xustiza.

 

Pérez tamén reclama medidas á Xunta. En concreto, que vixíe que os pisos turísticos que se ofertan en páxinas como Airbnb ou Booking cumpren a normativa, que lles obriga a estar dados de altas nun rexistro da Axencia Galega de Turismo.

 

Oficinas de Airbnb Office unha foto de Open Grid Scheduler publicada baixo CC0 1 0
Oficinas de Airbnb Office unha foto de Open Grid Scheduler publicada baixo CC0 1 0


O grupo municipal Marea de Vigo alertou este martes sobre un previsible descenso no padrón da cidade ante os prezos "inasumibles" dos alugueiros e o aumento "exponencial" de pisos turísticos.

Nunha rolda de prensa, o portavoz do grupo, Rubén Pérez Correa, sinalou que Galicia vive un 'boom' de alugueiro de vivendas para uso turístico, e que tamén a cidade de Vigo experimentou un crecemento moi notable nesta oferta de aloxamento.

 

 Rubén Pérez Correa



Segundo apuntou, a afluencia turística á cidade olívica ha aumentado nos últimos anos, aínda que segue sendo unha actividade moi estacionalizada, e concentrada nos meses de verán e Nadal, ou esporadicamente, fóra desas datas se se celebra algún evento como Conxemar. Isto fai que non sexa rendible a apertura de hoteis e empezaron a proliferar particulares ou pequenas empresas propietarias de vivendas que as destinan a uso turístico, en moitas ocasións sen estar rexistradas ou reguladas.

Rubén Pérez sinalou que actualmente hai 743 pisos turísticos rexistrados en Vigo, unha cifra que crece cada ano, aos que hai que sumar as vivendas vacacionais non rexistradas e as prazas en aparthoteles. O resultado é, subliñou, que "hai máis prazas de alugueiro vacacional que de hoteis".

PERDA DE POBOACIÓN
Nese escenario, o portavoz de Marea de Vigo alertou sobre a gran cantidade de veciños que se dirixiron a este grupo para denunciar que, ou ben non conseguen alugar unha vivenda a prezo alcanzable, ou ben ven os seus contratos rescindidos ou non renovados "coa escusa de que os donos van aloxar a algún familiar", e esas vivendas acaban como pisos turísticos.

"Imos perder poboación en Vigo. Está a darse a tormenta perfecta para que as familias abandonen a cidade", advertiu Pérez Correa, que instou á Xunta a levar a cabo unha "inspección permanente" das vivendas vacacionais e a sancionar aquelas que incumpran a normativa.

Así mesmo, pediu ao Concello olívico que, se é necesario, modifique a ordenanza de Actividades Económicas para regular a proliferación deste tipo de negocios.

Finalmente, urxiu ás administracións para impulsar a oferta de vivenda públicas e o réxime de alugueiro con opción de compra, ante os prezos "prohibitivos" do alugueiro libre e co horizonte dunha subida de tipos que dificultará aínda máis a compra de vivendas.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE