Ruavieja e Bico de Xeado xúntanse para crear o primeiro xeado con sabor a Crema Ruavieja

Este luns as dúas empresas comercializaron por primeira vez o xeado en Santiago de Compostela. Trátase do primeiro xeado artesanal de Crema Ruavieja. O novo xeado de Crema Ruavieja / Elaborado por Bico de Xeado&Ruavieja. O mercado artesanal galego está de inauguración coa aparicion da xeado Crema Ruavieja.


|

Este luns as dúas empresas comercializaron por primeira vez o xeado en Santiago de Compostela.

 

Trátase do primeiro xeado artesanal de Crema Ruavieja. 

2S5A4860
O novo xeado de Crema Ruavieja / Elaborado por Bico de Xeado&Ruavieja.

 

O mercado artesanal galego está de inauguración coa aparición da xeado Crema Ruavieja. Trátase da unión entre a empresa de xeados Bico de Xeado e da adega de licores Ruavieja. 

 

Nesta ocasión, elaboraron un novo ingrediente para os conxelados que parte da composición da famosa Crema Ruavieja. Presentárono este luns 13 de xuño en Santiago de Compostela, unha data estratexicamente seleccionada tendo en conta que entramos na época onde máis se goza dun bo xeado, o verán. 
 

Ruavieja lidera o mercado de licores galego e buscou fusión con Bico de Xeado porque manteñen ese mesmo compromiso coa materia prima galega. Así mesmo, a empresa tamén asegura compartir calidades como a minuciosidade na elaboración dos seus produtos, así como o agarimo dos mesmos. 

 

Así, a Brand Manager de Ruavieja, Emma García, dicía: 

 

"Esta unión supón unha continuidade dentro da súa estratexia de posicionarse como o auténtico líder da sobremesa, Ruavieja atopa en Bico de Xeado o partner perfecto, con quen comparte orixe galega e agarimo polas cousas ben feitas".

 

Deste xeito, o xeado contará cun 20% de Crema Ruavieja. "Converterase na opción máis refrescante e cremosa do verán", sentencian. 


 

relacionada Folga en Ryanair afectará o tráfico do aeroporto de Santiago do 24 de xuño ao 2 de xullo
relacionada Un 22% máis en vendas devolven ao Corte Inglés á senda dos beneficios tras a pandemia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE