Adeus ao sistema que acabou coa fraude no voto emigrante, que é maioría en 16 concellos de Galicia


O novo sistema foi máis garantista, demasiado para algúns. O voto emigrante esborrallouse desde que hai que rogar o voto. Nas últimas eleccións, non chegou nin a un 3%. De aí o empeño en reformalo, algo que pode cambiar o resultado dos comicios municipais en ducias de concellos galegos o próximo ano e, mesmo, acabar sendo determinante nunhas eleccións autonómicas.


|

A axenda deste xoves inclúe unha noticia que probablemente pase desapercibida para a maioría pero que é clave para o futuro político de Galicia. O Congreso aprobará a reforma do voto emigrante. 


O cambio supón o fin do voto rogado. Este sistema permitiu o fin das sospeitas de fraude masiva no voto de países como Arxentina e Venezuela. Ao ter que pedilas antes, os 'mortos'  -persoas nadas fai máis dun século e que supostamente seguían vivas- deixaron de enviar papeletas. 


O novo sistema foi máis garantista, demasiado para algúns. O voto emigrante esborrallouse desde que hai que rogar o voto. Nas últimas eleccións, non chegou nin a un 3%. De aí o empeño en reformalo, algo que pode cambiar o resultado dos comicios municipais en ducias de concellos galegos o próximo ano e, mesmo, acabar sendo determinante nunhas eleccións autonómicas.





Esta caída da participación emigrante é o que enarboran os partidos para xustificar o cambio de hoxe. Con todo, hai que ter en conta que, tradicionalmente, PP e PSOE dominan os sufraxios do Censo de Residentes Ausentes (CERA).


Os seus electores tenden a ser españois que levan décadas emigrados e tamén o seu fillos e netos. A simpatía cara a partidos nacionalistas entre estes segmentos de poboación é significativamente menor en proporción que entre o conxunto da cidadanía por razóns xeracionais.


Con todo, hai que sinalar que as novas normas de hoxe non foron cociñadas só por PSOE e PP. Contan cun amplo apoio parlamentario e, en teoría, ninguén se opoñerá. Como moito, parte do nacionalismo catalán absterase.


PESO DETERMINANTE NA POLÍTICA GALEGA

É unha reforma importantísima para Galicia. O CERA galego suma un total de 470.359 persoas. Como o total de electores rolda os 2,69 millóns; isto implica que os residentes ausentes supoñen o 17% do electorado aproximadamente.


Segundo os datos oficiais do INE este maio, na Coruña hai 162.562 rexistrados no CERA, 135.861 en Pontevedra, 102.733 en Ourense e 69.203 en Lugo. 


Un 17% é máis que suficiente para decidir, por exemplo, o resultado duns comicios autonómicos, dado que as tradicionais maiorías do PPdeG non teñen un colchón excesivo. Os 'populares' adoitan moverse cunha marxe de entre 1-4 escanos encima da maioría absoluta. 


De feito, a última vez que os conservadores perderon os comicios, en 2005, houbo que esperar ao reconto do CERA, pois un escano por Pontevedra estaba a bailar entre PP e PSOE. 


Hai que ter en conta que, debido ás leis que permiten aos descendentes de emigrantes obter a nacionalidade española, o peso do CERA é cada vez maior. Mientras Galicia perde poboación, os galegos en estranxeiro con dereito a voto non pairan de aumentar.




MUNICIPIOS ONDE Os EMIGRANTES PODERÍAN ELIXIR ELES SÓS O ALCALDE

O peso do voto emigrante, sendo importante a nivel galego, é aínda maior noutros municipios.


De feito, hai quince concellos en Galicia con máis electores no estranxeiro que no propio municipio. Segundo datos oficiais de finais de 2021, son A Fonsagrada, O Bolo,  Chandrexa de Queixa,  A Mezquita,  Ramirás,  Cortegada, Beariz, Boborás, Quintela de Leirado, Verea, A Arnoia, Navia de Suarna,  Bande,  Gomesende e Avión. Nestes tres últimos o peso do CERA supera o 60%.



A porcentaxe de peso do voto emigrante en cada municipio pódese consultar a través deste mapa sensible:


Sería enganarnos pensar que só é unha cuestión rural, aínda que é certo que o CERA é máis determinante na Galicia interior e despoblada. Tamén afecta as cidades. Por exemplo, a cidade de Ourense ten un 20% de censados ausentes e Pontevedrá máis do 17%.


Os POLÍTICOS POSICIONAN Aos seus CARGOS

Con todo estas cifras sobre a mesa, non é de estrañar que os partidos maioritarios presten moitísima atención ao voto de emigrante. 


Non é de estrañar , por exemplo, a mesma persoa que xestiona as subvencións da Xunta ás asociacións de emigrantes, por ser secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; acabe ser nomeado secretario executivo do PP no Exterior


Dado o peso do voto emigrante, tampouco é de estrañar que o PSOE elixise hai un ano a unha galega, Pilar Cancela, para dirixir a Secretaría de Estado de Cooperación Internacional. 


VOTO CERA POR PAÍSES





En que país do estranxeiro hai mais galegos con dereitos a voto? En Arxentina, e con moita diferenza, 165.000. De lonxe séguenlle Brasil, Cuba e Uruguai, na contorna dos 40.000. A introdución do voto rogado esborrallou a particiapción neses estados americanos, especialmente nas muncipales. 


Chegaban máis votos desde Francia, onde só hai 16.000 rexistrados no CERA. Era lóxico, os emigrantes en Europa levan menos tempo fóra, están menos desconectados da vida do país e unha maior proporción está disposta a liquidar a burocracia e rogar o voto.




EN QUE CONSISTE A NOVO CERA?

Segundo resume Europapress,  o Pleno do Congreso aprobará o fin do voto rogado hoxe.  Tras a acumulación de denuncias de irregularidades, os partidos pactaron en 2011 un sistema que obriga aos rexistrados no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA) a pedir o voto con antelación para poder exercer o sufraxio.

 


Máis dunha década despois, a Comisión Constitucional do Congreso aprobou a pasada semana por ampla maioría unha reforma que acaba con ese requisito e no seu lugar introduce modificacións para facilitar que os electores do exterior poidan votar en urna nas embaixadas e consulados, ademais de por correo, e para asegurar que as súas papeletas cheguen a tempo para o seu escrutinio en España.


A reforma vén dunha proposición de lei presentada en febreiro de 2021 polos dous grupos que sustentan o Goberno, o PSOE e Unidas Podemos, e que estivo conxelada por sucesivas prórrogas ata o pasado mes de abril. Nas últimas semanas, o seu articulado foi modificado mediante emendas pactadas co PP e outros grupos da oposición.


No proceso refugáronse todos os asuntos alleos ao voto rogado e que se expuxeron a esta reforma, como a rebaixa da idade de voto a 16 anos ou a revisión da proporcionalidade do sistema electoral. Esas outras propostas xa se discutirán na subcomisión creada no Congreso para explorar a posibilidade dunha reforma máis ampla da lei electoral (LOREG).

O ditame aprobouse sen votos en contra e co apoio de PSOE, PP, Vox, Unidas Podemos, Cidadáns e PNV, mentres que os independentistas de ERC, Bildu e Junts optaron por absterse. O texto aprobarase agora no Pleno para a súa remisión ao Senado, co que se calcula que estará no BOE á volta do verán e que xa se aplicará nas próximas eleccións xerais.


O novo procedemento para os rexistrados no CERA permitirá que eses electores poidan descargarse as papeletas da internet e adiantará o envío tradicional da documentación electoral, co que poderán elixir entre as dúas opcións.


NON A O VOTO POR INTERNET

Para facilitar a participación electoral, ampliaranse os centros para votación en urna, non só as embaixadas senón todos os consulados e os centros oficiais que se habiliten. E do mesmo xeito, ampliaranse os horarios e días de votación. Os principais partidos descartaron outras opcións como o voto telemático e o voto por delegación que defendían os independentistas cataláns, xa que consideran que non ofrecen suficientes garantías.


Ademais, protexerase o envío dos votos emitidos no estranxeiro establecendo que se fagan chegar a España por valija diplomática. En consecuencia, amplíase dous días o prazo do escrutinio para que as papeletas cheguen a tempo.


Outros cambios establecen que a Xunta Electoral Central deberá facer un informe das medias que se vaian tomando e que o CERA se actualizará cada cinco anos para ter máis localizados aos electores.


Mapa CERA censo estranxeiros Galicia


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE