A folga do metal na provincia da Coruña renóvase mañá ao non haber acordo sobre os salarios
Hai outras cinco xornadas de paro xa convocadas para este mes de xuño. Como noutras ocasións, é probable que haxa piquetes nos parques industriais de urbes como Santiago, Ferrol ou A Coruña.
Hai outras cinco xornadas de paro xa convocadas para este mes de xuño. Como noutras ocasións, é probable que haxa piquetes nos parques industriais de urbes como Santiago, Ferrol ou A Coruña.
CIG-Industria fixo un chamamento a todas as traballadoras e traballadores do sector do siderometal da provincia da Coruña a secundar as xornadas de folga convocadas desde este martes, día 7, en demanda dun "convenio digno".
PRÓXIMOS PAROS
Así o sinala nun comunicado despois de que a patronal e sindicatos -- CIG, CCOO e UXT-- non chegasen a un acordo na última reunión, celebrada este luns. Por iso, mantéñense tamén as xornadas de folga dos días 8, 9, 28, 29 e 30 de xuño.
Segundo Eduardo Caamaño, secretario comarcal de CIG-Industria, a representación social tiña "dúas liñas vermellas": a subrogación e a subida salarial co IPC de 2021. Respecto do tema da subrogación, apunta que pola parte empresarial "estarían dispostos a entrar nela sen poñer limitacións ao número de traballadores da empresa principal", sinala.
Con todo, indica que respecto a a subida salarial mantense a discrepancia en relación ao ano 2021 e que iso imposibilitou o acordo. En todo caso, manifestan a súa disposición para seguir negociando.
Escribe o teu comentario