Vídeo: Rafael Nadal vence nun épico partido a Novak Djokovic en cuartos de final de Roland Garros
Como se aprecia no vídeo, o encontro estivo cheo de puntos máxicos, golpes imposibles e un público entregado na sesión nocturna da Philippe Chatrier. Nadal gañou 6/2 4/6 6/2 7/6 7/4. O próximo escollo o mallorquino rumbo á 14 Copa dos Mosqueteiros é o alemán Alexander Zverev, que derrotou ao outro español que quedaba en liza, Carlos Alcaraz.
Como se aprecia no vídeo, o encontro estivo cheo de puntos máxicos, golpes imposibles e un público entregado na sesión nocturna da Philippe Chatrier. Nadal gañou 6/2 4/6 6/2 7/6 7/4.
O próximo escollo o mallorquino rumbo á 14 Copa dos Mosqueteiros é o alemán Alexander Zverev, que derrotou ao outro español que quedaba en liza, Carlos Alcaraz.
Nadal e Djokovic, ao termo do seu enfrontamento. Foto: Roland Garros
Rafa Nadal volveu a demostrar que non hai ninguén comparable á súa figura sobre a terra batida de París. O manacorí derrotou a Novak Djokovic para clasificarse para as semifinais de Roland Garros.
Era impensable que este novo cara a cara entre dúas dos grandes nomes do tenis do século XXI non acabase convertido nun novo clásico, con épica, xiros de guión e de máis de catro horas de duración.
Afeito ter que remontar, Nadal adxudicouse o primeiro set, por un claro 2-6. O dominio do manacorí seguiu durante os tres primeiros xogos da segunda manga, pero entón o partido cambiou de rumbo; o serbio reaccionou para pechar ao seu favor o segundo set (6-4) e empatar o encontro.
O terceiro set , clave para afrontar a recta final con calma, volveu caer ao carón de Nadal, novamente por un 2-6, pero o balcánico quixo vender cara a súa pel e foi necesario marcharse ata o tie break do cuarto sete para que o partido, xa na mañá deste mércores, chegase ao seu fin.
Así, Nadal espera acceder a unha nova final de Roland Garros. O seu último obstáculo será o alemán Alexander Zverev.
Escribe o teu comentario