​Rodrigo Conde e Caetano Horta regresan a Galicia desde Belgrado cun bronce e unha prata mundial ao pescozo

O de Moaña conquistou un novo metal no Campionato do Mundo de Serbia xunto ao seu compañeiro Aleix García. O de Noia fíxose coa segunda posición no dobre skull lixeiro.


|

O de Moaña conquistou un novo metal no Campionato do Mundo de Serbia xunto ao seu compañeiro Aleix García. O de Noia fíxose coa segunda posición no dobre skull lixeiro.


Conde, que tivo que renunciar a acudir a Tokio por non poder axustarse ás esixencias do peso lixeiro, volve con máis forza que nunca para demostrar porqué é unha das promesas do deporte nacional.


Rodrigo conde caetano horta

Conde e García arriba; Horta e Balastegui abaixo | Fotos: Federación Española de Remo


O camiño nunca é fácil, pero no caso de Rodrigo Conde falamos dun carreiro máis sinuoso e empedrado do que cabería esperar. O talento do de Moaña é incuestionable, e a súa capacidade de sacrificio está fóra de toda dúbida. Pero, polo mesmo, é un deportista cos pés na terra e sabe que non hai nada tan importante como a saúde, motivo que o levou a renunciar ao seu primeiro billete olímpico. Con todo, sobreposto dese duro golpe, Conde volveu a coller o remo para levar un bronce mundial en categoría absoluta.


Esta fin de semana, no Campionato do Mundo de Remo de Belgrado, Conde e o seu compañeiro de fatigas, Aleix García, fixéronse co terceiro posto nunha fin de semana no que foron nunha clara tendencia á alza. Unha remontada espectacular na final os catapultó ao terceiro caixón do podio en dobre skull.


O crono detívose nun meritorio 6:12.52, só tres segundos por baixo dos croatas, os irmáns Sinkovic, que levaron a manga (6:09.26). A prata voou a Polonia, para o palmarés de Miroslaw Aietarski e Fabian Baranski (6:10.46). Este cambio de categoría permite a Conde aspirar a todo no futuro e reconquistar unha praza nas olimpíadas de 2024.


HORTA DE PRATA

A méritos pode competir perfectamente o noiés Caetano Horta, que con 19 anos xa mordeu unha prata mundial. Con Horta estaba Balastegui, o outrora compañeiro de Conde e unha das figuras do peso lixeiro. O tándem, que si estivo o pasado verán na cita olímpica, mantén a forma para París 2024, onde esperan dar un salto de calidade que se está confirmado coas súas actuacións.


Nesta ocasión, só os suízos apearon ao dúo do alto do podio. Un sensacional final de carreira fíxolles superar á República Checa, que se tivo que conformar cun meritorio bronce. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE