Agoney estará nas festas da Ascensión 2022: "Cando me chamaron dixen que sí sen pensalo"

Eu díxenlles que estaba máis nervioso pola final de Eurovisión que por nosa propia final no programa porque gañar é o de menos.


|

O cantante, gañador da novena edición de Tu cara me suena, estará este mércores nas festas de Ascensión 2022. 


É a primeira vez que actúa nun concerto na comunidade galega e os seus seguidores encheron as redes con comentarios de ilusión. 


Captura

Fonte: Facebook - Agoney


Cando se confirmaron que artistas virían ao evento, as redes sociais enchéronse de mensaxes positivas facendo referencia ao exconcursante de Operación TriunfoE é que a presenza do seu nome no cartel significa que, por primeira vez, cantará a súa música en directo en Galicia. 


Agoney tamén volveu recentemente ás pantallas de televisión concursando no programa de Tu cara me suena, do que ademais resultou vencedor. No mes de marzo tamén estreou o seu novo sinxelo, Bangover, no que demostra a súa versión máis potente. 


Pregunta: Empezamos por Bangover (resaca sexual). Que nos conta?

Agoney: Bangover é unha canción cun corte e unha temática que anteriormente non probara nunca, pero ao final a vida deume a oportunidade de experimentar novas cousas e de probar contidos. Tamén de experimentar coa miña voz, algo moi interesante. Estou moi agradecido de que me deixen facelo. 


P: Veremos este novo estilo na túa próxima música?

A: Na miña próxima música vénse algo... intenso. Bangover estará dentro, iso seguro. 


P: Entón definirías o teu novo disco como intenso?

A: Sí, eu creo que sí. É que eu son moi intenso en xeral (entre risas). 


SOBRE O seu PRÓXIMO DISCO

Actualmente Agoney  está a traballar no seu novo proxecto. Con Bangover escoitamos un adianto do que o canario ten preparado para esta nova etapa. Con todo, aínda non hai datas definidas do seu lanzamento. "E se as hai, eu non o quero sabelas", responde o cantante entre risas.


"Para min o máis importante é o proceso de creación porque é o que queda aí. Todo isto necesita tempo, non son unha persoa que pode facer música nunha semana como se lle esixe a moitos artistas. Eu necesito tempo para crear e facer un gran traballo. Así, cando mire cara atrás, poderei dicir: Jo, que ben mo pasei", conclúe.


Sobre o seu traballo nas composicións, nesta ocasión Agoney non se puxo límites para o seu novo disco. Afirma que prefire deixarse levar e, por ese motivo, non ten claro aínda cal será o número de cancións nin tampouco a súa duración. "Sucédeme que un día levántome, podo esnaquizar todo o que tiña na mente e empezar de cero. Así son", agregaba o cantante entre risas.


P: Haberá colaboracións?

R: Por agora non hai ningunha colaboración en mente. Son o raro na industria musical (chancea) porque creo que son a única persoa que non colaborou nunca. Por agora, o contido que estou a facer é moi persoal, pero sí que me gustaría facer música con outros artistas".


A pesar de estar consolidado no mundo da música polo seu talento profesional, o certo é que o cantante loita a diario cos demos da inseguridade. Para Agoney, a confianza nun mesmo é un valor fundamental para o seu futuro profesional. Así pois, explicou como a traballado con ela neste tempo para continuar facendo o que máis lle gusta: 


Cando compoño agora doume conta de que cada vez son máis libre. Tamén me atopo máis confiado á hora de producir. Onte, por exemplo, levanteime cedo e púxenme a producir un tema que tiña pendente na cabeza. Pois o terminei pola tarde e pensei 'wow', isto antes fose incapaz de facelo, só por inseguridade. Deulle mil voltas ao mesmo tema unha e outra vez pensado que non o sei facer ben, pero ao final vou confiando cada vez máis no meu mesmo.


P: A arte é unha expresión dos propios sentimentos. Identifícaste con iso? 

A: Totalmente. A veces fallan os sentidos, os sentimentos e todo. Vólvense contra nós e é un gran problema, así que hai que manter a cabeza ben posta e mantelos baixo control. 


P: E como te sentes agora?

A: Pois agora síntome moi ben. Sempre se pode estar mellor, máis confiado, por exemplo. Pero, polo xeral, moi ben. 


P: A túa música en spotify superou ao número de reproducións que tiveches cando saíches de Operación Triunfo, un verdadeiro reto polo gran impacto social que ten este formato televisivo. Podería dicirse que estás no teu mellor momento a nivel musical?

A: Eu creo que sí, pero sobre todo a nivel persoal. Estou máis seguro, tomo decisións máis importantes. Creo que sempre digo o mesmo, pero o certo é que me gusta espremer cada nova etapa ao máximo. 


P: Bangover non foi o último que vimos de ti recentemente. Marzo foi un mes de fortes emocións co teu paso por Tu cara me suena. Como foi a experiencia para ti?

A: Incrible, xa te podes imaxinar. Ao principio non quería ir, pero dou grazas á vida que me animei. Alí namoreime de todos os meus compañeiros e namoreime tamén de todo o equipo que produce o programa. Tratáronme moi ben e estou moi agradecido co público que me fixo gañador do concurso. Aínda que, ao final, gañar é o de menos, estou feliz porque o diñeiro dóase ás asociacións e iso é moi bonito. 


P: E como foi sentir o teu nome como gañador?

A: Non mo esperaba para nada. O outro día quedei coas miñas compañeiras Eva, Nia... par ver Eurovisión e estivemos a falar diso. Eu díxenlles que estaba máis nervioso pola final de Eurovisión que pola nosa propia final no programa porque gañar é o de menos. Agradécese moito, por suposto, pero quédome con todo o que me levo de alí. 


P: Algunha vez pensaches en ser o noso representante en Eurovisión?

A: Non! (entre risas). Por agora non. Eu levo anos dicindo que non son a persoa, non me sinto preparado para facelo. 


P: Pero... se algo te caracteriza é que tes un estilo moi conciliador con Eurovisión. 

A: Xa, pero a inseguridade pasaríame factura. Non sería capaz de facelo tan ben como me gustaría. Así que prefiro manterme á marxe e gozalo cos meus amigos na casa. Así tamén se vive moi ben. 


P: Volvendo a Tu cara me suenatamén fixeches historia no programa repartindo o premio metálico coas túas compañeiras. Como xorde a idea?

A: Pois antes de empezar a gala xa tiñamos que dicir a quen lle quería dar o premio no caso de gañar. Entón pensei en algo que tivese que ver un pouco comigo, pero tamén estaba moi inseguro e pensei que estaría ben repartilo entre tódolos finalistas. Así, cada un levaría un pouquiño. Se podo axudar a alguén, sempre estarei encantado de facelo.


Captura

Fonte: Facebook - Agoney en Tu cara me suena.


Agoney demostrou ter carisma para a televisión. Ata a data, en todos os programas que participou fixo unha boa traxectoria e alcanzou altas posicións. Así, en Operación Triunfo 2017 clasificouse no sexto lugar, en Tu cara me suena 2022 foi gañador e, tamén,  venceu na gala de a década de 2010 en La mejor canción jamás cantada. 


P: Gustaríache seguir na televisión?

A: A televisión viume nacer e doume a vida. Eu estaría encantado de poder seguir na televisión, pero o que faga ten que estar relacionado coa música. Non me vexo facendo televisión sen ter que cantar ou sen escoitar música. 


P: Tu cara me suena é un programa onde pos a proba a túa voz e coñeces rexistros que seguramente sen concursar nunca experimentases. Houbo algún rexistro no que te sorprenderas a ti mesmo e a túa voz se sentise cómoda ?

A: A verdade é que sí. Sorprendinme bastante na actuación que fixen imitando a Rauw Alejandro e cantando no estilo do reggaeton. Gustoume moito.


P: Mañá actúas en Santiago, Galicia xa te botaba moito de menos.

A: Eu tamén. A verdade é que nunca tiven oportunidade de cantar en concertos nin en directo. Só estiven nalgún programa de televisión. Ademais, cando me chamaron dixen que sí sen pensalo porque necesitou ver á xente de aquí. 


P: De feito, os teus fans de Galicia colapsaron as redes sociais cando publicaron o cartel...

A: Sí? É que estou tan desconectado das redes co novo disco que nin me decatei. Pois desde aquí xa lles digo que moitas grazas e que teño moitas ganas de aparecer por Galicia. Unha pena que só sexan dous temas, pero moi feliz de cantarlles.


P: E xa te lanzaches co galego nalgunha ocasión. Que tal te levas co idioma?

A: Moi ben. Deime conta de que se me dan moi ben os idiomas. E xa me sei se unha canción!


P: Que canción?

A: Apaga ou candil María Chus Chus...


P: É moi tradicional.

A: É que eu tamén son moi tradicional (entre risas). 


P: Despois deste concerto volverás pronto, verdade? 

A: Oxalá. Sempre o pido, encantaríame ir de novo. Encántame viaxar, sempre pido ir a todos lados. Espero volver.  




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE