Un simulacro no túnel do Hórreo manterá pechado o paso subterráneo a partir das 22 horas ​

O Concello de Santiago e o Ministerio de Transportes levarán a cabo na noite deste xoves un simulacro de actuación e coordinación ante un accidente con incendio no túnel de Cornes-Hórreo, en Santiago de Compostela, o que obrigará a mantelo cortado.



|

Esta noite, entre as 22 horas deste xoves 19 de maio e as 6 horas do venres 20 de maio, permanecerá pechado o paso subterráneo compostelán.


O concello santiagués celebrará un simulacro de actuación e coordinación ante un accidente con incendio no túnel. Os desvíos estarán debidamente sinalizados. 


O teu00fanel do hu00f3rreo

Túnel do Hórreo | Foto: Concello de Santiago


O Concello de Santiago e o Ministerio de Transportes levarán a cabo na noite deste xoves un simulacro de actuación e coordinación ante un accidente con incendio no túnel de Cornes-Hórreo, en Santiago de Compostela, o que obrigará a mantelo cortado.

Segundo informou o ministerio, durante a preparación e realización do simulacro será necesario realizar desvíos de tráfico que garantan a seguridade dos usuarios e dos servizos de emerxencia.

O tráfico na SC-20 en ambos os sentidos de circulación cortarase entre a saída cara á rúa do Horreo e a saída cara á rúa Romero Donallo e Amor Ruibal, entre as 22,00 horas deste xoves e as 6,00 horas do venres. Os desvíos estarán debidamente sinalizados.

A realización deste simulacro responde o cumprimento do Real Decreto sobre requisitos mínimos de seguridade nos túneles de estradas do Estado, que establece a necesidade de levar a cabo simulacros periódicos de emerxencias polo menos cada catro anos.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE