Naturgy dispara os seus ingresos ordinarios e lanza unha tarifa de gas "por baixo dos prezos actuais en Europa"


A enerxética catalá  reportou unha ganancia neta de 347 millóns e o   resultado operativo total do Grupo (Ebitda) foi de 1.074 millóns de euros a finais de marzo, un 9,4% máis que o ano pasado. Así figura nos datos publicados pola firma este xoves.



|

A enerxética catalá  reportou unha ganancia neta de 347 millóns e o   resultado operativo total do Grupo (Ebitda) foi de 1.074 millóns de euros a finais de marzo, un 9,4% máis que o ano pasado. Así figura nos datos publicados pola firma este xoves.





Os ingresos da enerxética, presidida por Francisco Renes, aumentaron un 73,7% no período xaneiro-marzo, ata os 8.141 millóns de euros.




Na presentación dos resultados, a compañía tamén fai referencia aos plans de futuro. Destaca a iniciativa Compromiso Gas Industrial, que ofrece un prezo fixo de 55 €/MWh ata finais de 2025, algo que segundo a empresa, está "por baixo dos prezos actuais dos mercados europeos de gas". Unha oferta que pode ter percorrido en Galicia, dado os apuros que sofren moitas empresas ante a alza de prezos e o feito de que Naturgy, herdeira da galega Unión Fenosa, é o gran provedor enerxético no país.





Imaxe de arquivo dunha das gasineras que Naturgy ha inagurado por toda Espau00f1a en os ou00faltimos au00f1vos en lugares como, por exemplo, Vigo ou Santiago

Imaxe de arquivo dunha das gasineras que Naturgy ha inagurado  nos últimos anos en lugares como, por exemplo, Vigo ou Santiago


A ganancia neta en este  primeiro trimestre do ano constitúe un 9,4% menos que unha ganancia de 383 millóns de euros no mesmo período do ano anterior, a pesar do escenario altamente volátil, dixo a compañía. 

 

O beneficio neto a finais de marzo foi de 354 millóns de euros, un 9% máis, mentres que o EBITDA actual é de 1.072 millóns de euros.


A empresa argumenta que este primeiro trimestre de 2022  operou en circunstancias moi cambientes en varios dos estados os que opera. Hai que lembrar que a guerra en Ucraína puxo patas para arriba o mercado enerxético, introducindo grandes factores de incerteza tanto a oferta como a demanda enerxética.


No referido a investimentos, subiron un 32% ata os 259 millóns de euros, tras empezar a construír 582 megawatts de enerxía renovable durante o trimestre. A débeda neta do grupo enerxético ascende a 13.062 millóns de euros ao peche do primeiro trimestre, en liña co peche de 2021. O número de empregados caeu por catro ano consecutivo e son xa menos de 8.000, cando fai tres anos superaba os 12.000.




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE