De Vacas fan unha versión o 'Slomo' de Chanel Terrero: "Dáme un lombo de salmón"
O grupo De Vacas soben ás súas redes sociais un vídeo no que parodian a canción candidata a eurovisión 'Slomo'. De Vacas / TwitterEl cuarteto subiu esta madrugada un vídeo no que cantan a letra de Chanel Terrero ambientada no sector pesqueiro.
O grupo De Vacas soben ás súas redes sociais un vídeo no que parodian a canción candidata a eurovisión 'Slomo'.
De Vacas / Twitter
O cuarteto subiu esta madrugada un vídeo no que cantan a letra de Chanel Terrero ambientada no sector pesqueiro. Fano o mesmo día que a cantante presentou a súa candidatura nas semifinais de Eurovisión e, polo momento, a Peixaría Chanel está a conseguir repercusión social.
As galegas, fieis ao tradicional, escollen nesta parodia a peixaría facendo unha chiscadela a toda a industria que domina no terreo galego. De Vacas é coñecida por dar un toque de humor a tódalas letras que modifican e esta non foi unha excepción. De feito, non é a primeira vez que fan viral unha versión doutra canción. Xa o fixeron antes con Amodiño, a súa canción inspirada en Despacito e tamén con Taxi.
Escribe o teu comentario