Pedro Puy sofre unha indisposición durante o debate de investidura de Rueda e é trasladado ao hospital​

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, sufriu unha indisposición este xoves, en que se celebra o debate de investidura de Alfonso Rueda, o que obrigou a trasladalo ao hospital.



|

Pedro Puy sufriu unha indisposición durante a celebración do debate de investidura de Alfonso Rueda. 


Puy necesitou ser asistido e trasladado ao hospital. Miguel Tellado, que acompañará a Feijóo no Senado, actuará de portavoz.



WhatsApp Image 2022 05 12 at 2.21.15 PM

Pedro Puy | Foto: EP


O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, sufriu unha indisposición este xoves, en que se celebra o debate de investidura de Alfonso Rueda, o que obrigou a trasladalo ao hospital.

Deste xeito, segundo confirmaron fontes populares, será substituído no pleno, na segunda quenda que lle corresponde aos grupos, por dirixente popular Miguel Tellado, vicesecretario de Organización Territorial do PP.

Pedro Puy foi asistido por persoal sanitario no propio Pazo do Hórreo pasadas as 13,00 horas e foi trasladado en ambulancia sobre as 13,45 horas deste xoves.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE