"Por e para Santiago", novo partido en Compostela no que participan ex-militantes do PP e outros partidos

Un novo partido político, 'Por e para Santiago', está a ser impulsado en Santiago de Compostela para as eleccións municipais que se celebrarán en maio de 2023, con antigos afiliados doutros partidos, como o PP.

|

O PP de Santiago grétase tras o abandono da carreira electoral de Fernando Maio, un dos dous precandidatos ao inminente Congreso, que encumbrará a Borja Verea.


Hoxe adiantouse o lanzamento dunha nova formación, baixo o nome "Por e para Santiago". Pretende presentarse aos comicios de maio de 2023, con exmiembros doutros partidos, como o PP.


David Ríos Martínez nunha imaxe do Facebook da Asociación Álvaro Cunqueiro

David Ríos Martínez nunha imaxe do Facebook da Asociación Álvaro Cunqueiro 


Nun comunicado remitido aos medios de comunicación, a agrupación defínese como unha iniciativa "mulleres e homes independentes de Santiago de Compostela". Ideológicamente dise  "moderado e de amplo espectro"m pero crítico cos extremismos. 


Entre os seus promotores figura o presidente da Asociación Vista Alegre, David Ríos, quen foi afiliado do Partido Popular, do mesmo xeito que Anxo Jiménez, Ramón Fandiño e Juan Carlos Rodríguez.

Ademais, tamén son impulsores Susana García, Raquel Rodríguez, Miguel Ángel Zas, Óscar Fraga, Roberto Güimil, Montserrat Pascual, Javier Caneda, Jacobo Varela, María Sende Darío Quinteiroy Manuel Anxo Martínez.  Pronto se reunirán para escoller a súa primeira xunta directiva. 


O proxecto político aspira a “converterse nun referente” no goberno da cidade. Hai que lembrar que, salvo a sorprendente vitoria de Gerardo Conde Roia en 2014, hai décadas que ninguén gaña por maioría absoluta as locais en Santiago. 


Por tanto, calquera partido que consiga representación no Pazo de Raxoi pode ter un papel crave, especialmente se ideológicamente posiciónase no centro, o que lle permitiría pactar facilmente a dereita ou esquerda.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE