1.600 galegos morrerán con covid cada ano de manterse o ritmo de último mes en Galicia

Hoxe non se comunicou ningún falecemento pero onte -día de apagamento informativo- comunicáronse 5. Así as cousas na última semana morreron 31 persoas, unha media de 4,4 ao día. No último mes son 136 os falecidos con covid, unha media de 4,5 ao día. Esta primavera foi muchísmo máis mortal que a anterior.


|


Os 762 casos abertos comunicados este luns son menos que os comunicados os dous luns previos. Contribúen pois a que os índices de transmisión sigan baixando, lentamente, pero baixando.  


O descenso da transmisión  xa se deixa notar na presión hospitalaria. Por vez primeira nesta onda temos un luns con menos hospitalizados que o luns previo. A melloría semanal é ínfima desde o punto de vista cuantitativo, a penas un -2. Con todo, é importantísima cualititativamente porque referenda sen ningún lugar a dúbidas de que alcanzamos o pico desta onda.


Hoxe non se comunicou ningún falecemento pero onte -día de apagamento informativo- comunicáronse 5. Así as cousas na última semana morreron 31 persoas, unha media de 4,4 ao día. No último mes son 136 os falecidos con covid, unha media de 4,5 ao día.  Esta primavera foi muchísmo máis mortal que a anterior.


CDikt novos falecidos diarios por covid 19 en galicia (2)




incidencia acumulada semanal baixa catro puntos ata  345 positivos por 100.000 habitantes.  A incidencia acumulada a 14 días tamén decrece, aínda que só un punto,  ata 735. As dúas empezaron a baixar a pasada semana e desde entón seguen cun lenta pero constante baixada.


Hai que lembrar que co novo sistema só fanse probas a persoas maiores de 60 e colectivos especialmente vulnerables, enfermos de cancro por exemplo. Tampouco se suman os positivos de autotest caseiros, que eran maioría no anterior sistema. Isto provoca que os índices de sexan moitísimo máis baixos do que é a transmisión real. O cambio de método de seguimento da transmisión produciuse a finais de marzo, por iso na gráfica hai dúas etapas diferenciadas con dúas cores diferentes, as súas cifras non son directamente comparables. Por outra banda, o cambio de método que reduciu artificialmente a cifra de hospitalizados executouse na penúltima semana de abril.






O dobre da incidencia a 7 días é algo menor que a incidencia a 14 días.  A razón de taxas é de 0,94, por tanto na última semana houbo un   6% de positivos menos que na penúltima. Boa noticia que confirma ademais, que a freada da transmisión está a ser cada vez máis notable.


A taxa de positividade onte foi de o  29% . A media semanal crece unhas décimas decrece ata o 31,3%, que está en todo caso moi preto do máximo histórico.

  

EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados descende hoxe un -7,9 %.  Algo axuda a que a media semanal, que é o índice que importa, complete outro pasito na boa dirección, caendo  de -0,5% a  -0,9%. A cada día que pasa hai menos e menos infectados, aínda que a velocidade de descenso é moi modesta.





En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un descenso de -1.349  . O total é de  casos activos é de  15.553 . 


DATOS POR ÁREAS

Na curva de casos activos por distritos sanitarios apréciase que dentro dos vaivéns periódicos estamos nunha fase de forte caída que pode supoñer o punto de inflexión desta onda. Só Vigo ten máis casos activos que hai unha semana.





A Coruña (160) e Vigo (141) son os distritos que máis positivos comunican hoxe. A Coruña é a área con máis presión hospitalaria,  con 171 hospitalizados, 7 deles críticos. En Ourense, Santiago e Vigo aínda hai máis de 100 hospitalizados en planta.





ANÁLISE ACTUAL E EVOLUCIÓN POSIBLE

Con estas estatísticas, a inferencia que se pode realizar é:

  • A pandemia está  cuns niveis de transmisión altísimos, non moi lonxe dos máximos históricos. Afortunadamente, estes niveis de transmisión empezaron a caer a pasada semana. O descenso, como sempre, está a ser moito máis lento que o ascenso.
  • A conquista do pico desta onda está ratificado polo feito de que por vez primeira nesta crise os hospitalizados dun luns son menores que os do luns previo, cambios de método á marxe.
  • Que podemos esperar dos próximos días?  Unha caída paulatina dos niveis de transmisión a medida que pasamos máis tempo ao aire libre, en parte debido á onda de calor desta semana. 
  • A avalancha de contagios desta primavera confírmanos que a pandemia non terminou. A falta de restricións e a altísima transmisibildad de Ómicron contribúe a un alude de positivos entre os máis vulnerables. A pesar das vacinas e os mellores tratamentos, unha parte significativa das persoas máis expostas non sobrevive á covid. 
  • En torno ao 0,3% dos diagnosticados con covid -que son todas persoas vulnerables- no último mes en Galicia faleceu. Parece unha porcentaxe pequena e o é realmente. Agora ben, como o total de positivos é tan enorme, a cifra de mortes final é notable. Unha media de 4,5 mortes con covid ao día poñeríanos por encima dos 1.600 falecementos ao ano.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE