O IES Antonio Fraguas e La Salle de Santiago entre os máis premiados no concurso literario de Viaqua

A compañía galega de xestión de auga Viaqua entregou os premios do seu xa tradicional concurso literario 'Relatos de auga intelixente'. O Concello de Santiago, alcalde incluído, recibiu aos alumnos de ESO e bacharelato premiados, procedentes das cidades nas que a compañía opera a concesión.


|

A compañía galega de xestión de  auga Viaqua entregou os premios do seu xa tradicional concurso literario 'Relatos de auga intelixente'.  O Concello de Santiago, alcalde incluído, recibiu a os alumnos de ESO e bacharelato premiados, procedentes das cidades nas que a compañía opera a concesión.


Entrega de premios Certame Literario SCQ

Entrega de premios Certame Literario de Santiago de Compostela 


Presentáronse uns 300 contos das catro provincias de Galicia. O tema do concurso é  o consumo responsable da auga, pois é un recurso limitado e imprescindible para a vida. O obxectivo principal é concienciar sobre a cantidade de auga que se pode aforrar con cambios nos nosos hábitos diarios. Ademais das accións a acometer por cidades e pequenos núcleos de poboación para vivir nun mundo máis sostible.  


Froito de a súa aposta por promover a literatura e concienciar sobre o consumo responsable da auga, dous colexios composteláns, o IES Antonio Fraguas e La Salle, gañaron varias categorías desta oitava edición. Os galardóns  foron tabletas, libros electrónicos e discos.


Marcos Martín, director de Viaqua, declarou que a empresa aposta por premiar aos estudantes “coa esperanza de que sigan fomentando a súa cultura literaria, a súa concienciación ambiental e a súa creatividade”. 


O xurado desta edición estivo formado por Carlos Taboada, escritor e ilustrado; Susana Fernández, técnica do Departamento de Explotación de Augas de Galicia;  Mª Teresa Abalde, técnica  xurídica de Viaqua e Mercedes González, profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo.


Esta é a lista de gañadores desta oitava edición dos premios:


RELATOS CLÁSICOS 

Categoría ESO

1º Premio: 

‘Máxico, vital e desvanecido’ – Carlota Millán Dorado (1º ESO – IES Antonio Fraguas) – Santiago de Compostela 

2º Premio:

‘Tarde piaches!’ – Nuria Soliño Mosquera (2º ESO – IES Antonio Fraguas) – Santiago de Compostela 

Categoría Bacharelato

1º Premio:

‘A billa baixo a auga’ – Pablo Rodríguez Reino (1º Bacharelato – La Salle) – Santiago de Compostela 

2º Premio: 

‘Segundos’ – Hugo Veiga Couselo (1º Bacharelato – La Salle) – Santiago de Compostela 


RELATOS CREATIVOS 

Categoría ESO

1º Premio: 

‘A terra da auga’ – Uxía Gómez Vázquez – (1º ESO Divina Pastora) – Ourense 

2º Premio: 

‘Canción da auga’ – Joaquín Rodríguez Rebolledo (2º ESO – Divina Pastora) – Ourense 

Categoría Bacharelato

1º Premio: 

‘Sobrevive’ – Enma Sánchez Lomba (1º Bacharelato – La Salle) – Santiago de Compostela

2º Premio: 

‘Treixada’ – Ángela Suárez Gómez (1º Bacharelato - La Salle) – Santiago de Compostela - La Salle) – Santiago de Compostela 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE