(VÍDEO) Condenan ao SERGAS porque un médico “pasou” de avaliar a un paciente que perdeu a visión dun ollo

O despacho Castreje & Co narra o proceso ao que foi sometido a vítima, un vigués de 54 anos, que acabou cego dun ollo despois de ser sometido a unha cirurxía.



|

O despacho Castreje & Co narra o proceso ao que foi sometido a vítima, un vigués de 54 anos, que acabou cego dun ollo despois de ser sometido a unha cirurxía.


Segundo a sentenza, as complicacións que referiu despois da operación foron atendidas só polos profesionais de enfermería, non polo facultativo de garda que, aínda que foi avisado, non explorou ao afectado. Horas despois, foi sometido a unha operación de urxencia, coa afectación irreversible do nervio óptico.


Cirugia

Cirurxía | Foto: EP


Novo caso de mala praxe médica no SERGAS. Esta vez, son os xogados de Santiago de Compostela os que condenan ao Servizo Galego de Saúde. Desde o bufete Castreje & Co Avogados debullan a sentenza condenatoria contra o SERGAS por un suceso ocorrido en 2016 e polo que o afectado, que perdeu un ollo pola “desidia” dos sanitarios do "servizo ORL do Hospital Álvaro Cunqueiro", levou a Sanidade ante a xustiza.


O afectado, un veciño de Vigo de 54 anos con diagnóstico de “desviación septal e sinusupatía subaguda crónica”, ingresou en setembro de 2016 para someterse a unha intervención no servizo de laringología do CHUVI. Unha vez realizada a “cirurxía endoscópica nasosinusal baixo anestesia xeral”, ás 12 horas posteriores á operación, o paciente “presentou tumefacción progresiva no ollo esquerdo”.



“DESIDIA” DO FACULTATIVO

Segundo relatan os seus avogados, o afectado só foi atendido polo persoal de enfermería e non polo facultativo residente de garda. Con todo, este profesional si foi avisado por unha enfermeira, pero “non acudiu en ningún momento para explorar ao paciente”.


“O paciente tivo que ser sometido ao día seguinte a unha intervención cirúrxica urxente, realizándose, segundo consta na folla de protocolo cirúrxico, descompresión orbitaria endonasal en cantotomía lateral con drenaxe de material purulento, a pesar do cal padeceu como consecuencia secuelas, unha cegueira irreversible e amaurosis no ollo esquerdo”, explican.


A resolución, do xulgado do contencioso administrativo de Santiago de Compostela, indemniza á vítima cunha cantidade “ insuficiente”, segundo inciden desde o despacho, polo que apelarán a sentenza para solicitar unha indemnización maior ao considerar que a “desidia” dos profesionais sanitarios foi un elemento capital para a consecuente cegueira.


Na mesma liña, o xuíz considera que se perdeu “unha oportunidade terapéutica” ao non realizar moito antes a intervención cirúrxica de urxencia, así como “ ausencia de información respecto ao risco de afección do nervio óptico”, que acabaría provocando a cegueira. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE