​(VÍDEO) O galego Abalde non se amedrenta ante Mirotic: faíscas entre os dous, que acaban expulsados do Clásico

Máis que palabras tiveron Alberto Abalde e Nikola Mirotic no último Barça – Madrid que levaron os locais na prórroga (108-97) nun duelo moi rifado, marcado pola polémica e no que houbo tempo para algún que outro cara a cara como o que protagonizaron os dous beirados.


|

Momento de tensión no Clásico da ACB, que levou o Barça na prórroga, despois da pequena liorta entre o ferrolán e o montenegrino.


Máis que palabras tiveron Alberto Abalde e Nikola Mirotic no último BarçaMadrid que levaron os locais na prórroga (108-97) nun duelo moi rifado, marcado pola polémica e no que houbo tempo para algún que outro cara a cara como o que protagonizaron os dous beirados.


Coas espadas en todo o alto no último cuarto, co Madrid remontando e un punto por encima dos azulgranas, as miradas desviáronse lonxe dos aros, concretamente ao centro do campo, onde uns e outros tiveron que separar a Mirotic e Abalde, que estaban a ter unha forte discusión. Tiveron que mediar os árbitros e ata Jasikevičius saltou ao centro da pista para acougar os ánimos do seu xogador.



As imaxes non deixan claro o ocorrido, máis aló de que ambos se enfrontaron como dous muflones, fronte con fronte, nunha longa discusión na que ambos foron subindo o ton. Ao empuxón do montenegrino respondeu o galego cun cabezazo á altura do queixo, no momento exacto no que os demais xogadores dábanse conta do que ocorría no centro do campo.


Unha longa deliberación, revisión das imaxes mediante, acabou cun ditame salomónico por parte dos colexiados: “Vostedes dous, á rúa”. Xa no túnel de vestiarios, as cámaras de Movistar + captaron un novo asalto. Abalde, visiblemente enfadado pola súa expulsión, abandonou a cancha entre berros dos afeccionados do Palau, para logo departir de novo con Nikola dirección ás duchas, esta vez nun ton máis conciliador.



UN TIPLE SENSACIONAL...ENSOMBRECIDO POR EXUM

O papel de Abalde ata ese momento fora sobresaliente. O ferrolán fixo unha das xogadas do partido, cun triplo a taboleiro sobre a bucina para pechar o primeiro cuarto e deixar ao Madrid vivo a só catro puntos de distancia dos culés. A súa folla de servizo pechouse con sete puntos, un rebote e catro asistencias.



Estaba chamada a ser a xogada do partido de non ser porque Dante Exum vestiuse de superheroe na prórroga, na última xogada do partido, para voar por encima de todo o equipo branco, cun soberbio mate que sen dúbida se vai a coar no TOP-1 da liga Endesa.




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE