O ensanche da Coruña e o centro de Vigo e as súas praias son as zonas máis caras para comprar casa en Galicia
A cidade de Pontevedra, cun prezo medio de 1.508 euros/m2, ten na zona da Parda e o centro o máis solicitado, principalmente os pisos de 120 a 150 m2 de dous a tres dormitorios, mentres que as casas con xardín entre os 150 e 200 m2 son o máis buscado no Grove e en Morrazo.
Santa Marta en Santiago de Compostela, Sanxenxo e Baiona son outras das áreas que máis cotizan no mercado inmobilario galego.
Rúa Ferrol no Ensache da Coruña nunha foto de Jglamela CC BY-SA 4.0 wikimedia
O centro da cidade de Vigo e a zona das súas praias, xunto ao Ensanche e o centro da Coruña, son as localizacións máis premium para adquirir unha propiedade en Galicia. Así o recolle o Informe de Mercado de España e Andorra de 2021-2022 elaborado por Engel & Völkers segundo as operacións realizadas pola inmobiliaria alemá na comunidade galega durante o pasado ano.
O prezo medio das propiedades comercializadas no corazón da cidade viguesa e no seu litoral foi de 3.750 euros/m2, o que supón un incremento do 5% respecto a 2020. Por detrás, sitúase o Ensanche e o centro de A Coruña, cun custo medio de 2.900 euros/m2, tras subir un 13,7% máis, Con todo, algunhas operacións nesta zona da cidade herculina alcanzaron os 4.400 euros/m2, fronte aos 4.200 euros/m2 do máximo das localizacións viguesas.
Estas localizacións son tamén as máis cobizadas para alugar. A zona das praias de Vigo é onde se rexistra o maior custo de toda a comunidade, cun prezo medio de 20 euros/m2; seguido do centro de Vigo, con 13 euros/m2; e do Ensanche/centro da Coruña, con 10 euros/m2.
Sanxenxo é a única zona de Pontevedra onde o prezo de venda dun inmoble supera os 2.000 euros/m2 ao alcanzar os 2.199 euros/m2 de prezo medio en 2021, segundo as operacións realizadas por Engel & Völkers. O 50% dos clientes que compran nesta esta localidade é para segunda residencia e un 45% destina a adquisición ao investimento.
Pola súa banda, o custo medio da vivenda en Santiago de Compostela unicamente sitúase por encima dos 2.000 euros en tres zonas: Xeneral Pardiñas, Santa Marta-Avenida da Liberdade e Senra Praza Galicia mentres que na Avenida de Ferrol alcanza os 2.000 euros/m2 e na zona Vella mantense en 1.800 euros/m2. Nesta última localización é onde maior presenza de estranxeiros hai, ao asinar o 30% das adquisicións clientes foráneos. Os apartamentos de dous dormitorios e 80 m2 son o máis buscado na zona Vella que ten o seu punto forte no turismo que chega atraído polo centro histórico.
A cidade de Pontevedra, cun prezo medio de 1.508 euros/m2, ten na zona da Parda e o centro o máis solicitado, principalmente os pisos de 120 a 150 m2 de dous a tres dormitorios, mentres que as casas con xardín entre os 150 e 200 m2 son o máis buscado no Grove e en Morrazo.
Marín é a zona máis solicitada nesta última, da que se valora a súa proximidade a Pontevedra e os prezos alcanzables. O prezo e a localización son tamén os puntos fortes de Poio e Salnés, onde a demanda céntrase en apartamentos de 70 a 100 m2 de dous a tres dormitorios.
Escribe o teu comentario