Xamais houbo tantos espectadores nun partido de fútbol feminino como no Barça Madrid o mércores
O fútbol feminino continúa dando pasos cara á súa consolidación como un deporte profesional de masas.
O fútbol feminino continúa dando pasos cara á súa consolidación como un deporte profesional de masas.
Imaxe do Camp Nou durante o partido de cuartos de Champions feminina entre Barcelona e Real Madrid /@FCBarcelona
Este mércores disputouse o FC Barcelona - Real Madrid de fútbol feminino, correspondente á volta dos cuartos de final da 'Champions' feminina (a ida gañárana as mozas do Barça por 3-1) e o partido entrou na historia do fútbol feminino ao ser o encontro con máis espectadores no estadio grazas aos 91.553 afeccionados que poboaron o Camp Nou.
Foi un partido histórico entre culés e merengues e entra nos libros de fútbol tras superar á final do Mundial feminino do ano 1999, que enfrontou ás seleccións de China e Estados Unidos e congregou a 90.195 espectadores nas bancadas do estadio Rose Bowl.
Máis recentemente producíronse outras grandes entradas. Por exemplo, o Wanda Metropolitano reuniu a 60.739 espectadores nun Atlético-Barça de Liga, mentres que as finais de 'Champions' tampouco tiveron un impacto superior ao citado, mesmo con estadios de menos aforos.
Pero este mércores, o Barça-Madrid foi un paso máis aló cunha entrada histórica aproveitando tamén o bo horario (18.45 horas) do encontro.
Ademais, para as xogadoras blaugrana foi unha tarde redonda, pois levaron a vitoria por 5-2 e pecharon con iso o seu pase ás semifinais cun resultado global de 8-3.
Escribe o teu comentario