Novo convenio colectivo das industrias lácteas que inclúe medidas a favor da conciliación

A produción de leite é unha das poucas actividades que se manteñen con forza no rural de Galicia aínda que a maioría das industrias non son de capital galego.


|

A produción de leite é unha das poucas actividades que se manteñen con forza no rural de Galicia aínda que a maioría das industrias non son de capital galego.



Leite, sector lácteo



A Federación Nacional de Industrias Lácteas (FeNIL) asinou este luns con UXT e CCOO o convenio colectivo de industrias lácteas e os seus derivados, que se aplicará en todo o territorio nacional ás empresas do sector durante catro anos e que beneficiará a 20.000 traballadores, segundo informou nun comunicado.

En concreto e tras esta firma, entra en vigor un convenio que contempla unha subida salarial ligada ao IPC real cun incremento a conta do 1% para 2022, 2023 e 2024.

Así mesmo, o texto recolle unha subida salarial do 3,5% en 2021, no que se pagarán atrasos desde o 1 de xaneiro do 2,5% ao dar xa un 1% a conta. Os atrasos para o período 2022-2024 quedarán topados ao 2,5% en cada ano.

O novo convenio incorpora novas medidas sociais e de conciliación que contribuirán a fomentar o benestar persoal e laboral dos profesionais do sector e que mellorará a estabilidade laboral nas zonas rurais e á fixación de poboación.

Este convenio terá unha vixencia de catro anos, de 2021 a 2024, e amplía a súa cobertura á elaboración de sobremesas lácteas. O texto afecta a preto de 20.000 persoas traballadoras e a máis de 1.000 empresas do sector.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE