A Xunta tomba outra vez a reapertura da Mina de Touro e os críticos acusan a Atalaya de enganar aos investidores
Non estamos, por tanto, ante unha decisión arbitraria, como argumentaba a filial de Atalaia Minning.
O colectivo 'Mina de Touro - O Pino non' informa dun "novo pau" á empresa que pretende reabrir a explotación de cobre. A Xunta rexeita o recurso de reposición de Cobre San Rafael contra a resolución que denegou o proxecto.
Arquivo - Rolda de prensa de medio centenar de colectivos en contra do proxecto da mina de Touro-O Pino. /EP
O argumento crave da Administración é que a Declaración de Impacto Ambiental ditada en 2000 foi negativa e é perfectamente legal. Non estamos, por tanto, ante unha decisión arbitraria, como argumentaba a filial de Atalaya Minning.
Os críticos co plan sinalan que con recursos así a compañía pretende "alongar ao máximo os prazos para seguir tentado conseguir un inexistente apoio social". Mina de Touro - O Pino interpreta que a multinacional, amparándose nos beneficios récord, que onte desvelou Galiciapress, está a tentar manter o seu plan cun fío de vida, para así conseguir que suban as súas accións, que duplicaron o seu valor nos dous últimos anos ao fío do aumento da produción en Riotinto (Huelva) e uns prezos do cobre disparados.
CHEGARÁ Ao CONTENCIONSO - ADMINISTRATIVO?
Atalaya Minning non se pronunciou por agora sobre a nova resolución da Xunta. Este documento esgota a vía administrativa. Está por ver se a empresa lánzase a levar o asunto aos xulgados.
A mineira porfía en sacar adiante a reapertura, para o que está a investir en tentar arranxar os problemas ambientais nos actuais terreos.
Tamén gasta en patrocinios e accións sociais dunha plataforma local prol-mina, unha estratexia que para os críticos busca que os investidores e os veciños crean na viabilidade dun "proxecto inexistente".
Inexistente porque, a pesar dos seus anuncios, a firma aínda non presentou ningunha nova solicitude oficialmente ante a Xunta, aínda que hai meses que anunciou que así o faría. Está por ver que estratexia segue agora, se presenta outro plan ou insite nos xulgados no denegado pola Consellería de Economía.
Escribe o teu comentario