Os peores datos en máis dun mes confirman un rebote do covid en Galicia que aínda non se debe ao entroido

A incidencia semanal xa non baixa hoxe, a taxa de positividade se estanca e os casos activos soben por segunda xornada consecutiva, algo que non pasaba desde xaneiro. Aínda que o cambio de tendencia aínda non se nota nos hospitais, non hai dúbida dun empeoramento das transmisión. O fin de case todas as restricións decretadas pola Xunta e a maior mobilidade polo entroido son dous dos factores que poderían explicar o brusco cambio, aínda que é moi probable que o efecto do entroido aínda non chegase ás estatísticas.


|


NNaJf porcentaxe de cambio diario de casos activos de coronavirus en galicia  (1)



Os casos activos non crecían tanto desde o 14 de xaneiro. Este dato é unha dos sinais claros que nos indican que estamos ante un rebote da pandemia.


De feito, a incidencia semanal xa non baixa hoxe, a taxa de positividade se estanca e os casos activos soben por segunda xornada consecutiva, algo que non pasaba desde xaneiro.  Aínda que o cambio de tendencia aínda non se nota nos hospitais, non hai dúbida dun empeoramento das transmisión.


O fin de case todas as restricións decretadas pola Xunta e a maior mobilidade polo entroido son dous dos factores que poderían explicar o brusco cambio, aínda que é moi probable que o efecto do entroido aínda non chegase ás estatísticas.




 

incidencia acumulada semanal  sobe 6 puntos ata 331 positivos por cada 100.000 galegos  . Este índice non subía desde o 27 de febreiro. Estamos por tanto ao primeiro empeoramento en máis dun mes. Esta mala noticia prodúcese ademais cando non conseguiramos saír do peor nivel posible, de acordo a o semáforo covid aprobado  polo Ministerio.  Seguimos en nivel de risco moi alto.


incidencia acumulada a 14 días aínda decrece significativamente, hoxe son 22 puntos menos que déixana en 712. Agora ben, hai que ter en conta que este índice tarda máis en virar que a súa irmá pequena a incidencia semanal. Se a incidencia semanal segue empeorando, en menos dunha semana tamén empezará a ascender esta serie que, en todo caso, segue en nivel de risco moi alto.


O dobre da incidencia a 7 días xa non moito máis pequeno que a incidencia a 14 días, como pasaba hai uns días.Sabemos pois que na última semana houbo menos  positivos que na penúltima, pero que a diferenza se está acurtando.


Cantos positivos menos? A razón de taxas é de 0,93 , por tanto na última semana houbo un  7% de positivos menos que na penúltima.  É un dato moi alarmante, teniendo en cuenta a evolución. Hai que ter en conta que empezamos a semana cunha velocidade de baixada do 23%.


A taxa de positividade onte foi de o   13,5%, a segunda peor da semana . A media semanal aguanta á baixa, pero case nada, a penas perde unha décima e se estanca en torno ao 11,8%, nivel de risco alto.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados ascende hoxe un 3,4% . É a peor porcentaxe desde o 14 de xaneiro. Logicamente, unha consecuencia é que a media semanal empeora notablemente. Ascende de -5,3% a -3,8%. Un par de días tan malos como os de hoxe e a curva da derivada superará a barerra do 0. Iso indicaríanos que, desde o punto de vista semanal, xa non perdemos casos, temos cada vez máis e máis. Non habería dúbida entón de que non estamos ante un rebote puntual.






En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un ascenso de +568 . O total é de  casos activos é de 16.933   . 


DATOS POR ÁREAS

Vigo  (336) é o distrito que máis novos casos abertos comunica hoxe pero volve ser Santiago (321) o que dá peores cifras en proporción á súa poboación. Ourense ( 260 ) é o cuarto distrito con máis novos casos, o que resta credibilidade a a vinculación que fixo onte a Xunta da alza co entroido.





 

ANÁLISE

Con estas cifras sobre a mesa, pódese inferir que:

  • A pandemia deixou de perder terreo desde unha perspectiva semanal, que é a máis importante.
  • Aínda é moi cedo para saber se estamos ante un rebote puntual ou ante un cambio de tendencia real, que provoque unha nova onda.
  • Con todo, a virulencia do repunte é considerable, polo que efectivamente existe o risco dunha nova fase expansiva. Todos os indicadores de transmisión así o apuntan. Aínda non os índices de hospitalizacións, que aínda baixan, pero acabará notándose tamén neles.
  • Cales son as causas deste empeoramento? O presidente da Xunta apuntou onte aos entroidos. Os datos desménteno.  En primeiro lugar, o entroido empezou fai menos dunha semana, polo que aínda é pronto para ver as súas consecuencias, que as terá, e non serán boas. En segundo lugar, a alza é xeneralizada, non só en Ourense, a zona con máis festa estes días. De feito a área que máis empeora é Santiago. 
  • É máis plausible que o fin das restricións cando aínda había niveis altísimos de transmisión pesase máis que o entroido na aparición de este rebote.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE