​“Unha profesora unha praza”: unha multitude de docentes marcha por Santiago contra a Xunta convocados pola CUT

Centenares de profesores protestaron na capital galega contra a Xunta e a temporalidade que sofren os profesionais da educación.


|

Centenares de profesores protestaron na capital galega contra a Xunta e a temporalidade que sofren os profesionais da educación.


A Central Unitaria de Traballadores (CUT) denuncia os métodos do Goberno de Galicia, que “quere evitar poñer en práctica medidas que faciliten a redución da temporalidade no ámbito do sector educativo público”.


Cut docentes

Protesta en Santiago | Foto: CUT


Novo capítulo do enfrontamento entre os profesores da educación pública e a Xunta de Galicia, nesta ocasión, e de novo, coa temporalidade como motivo da protesta. A CUT celebrou onte unha manifestación en Santiago de Compostela á que acudiron docentes de distintos puntos de Galica que protestaron contra o despedimento libre e contra as privatizacións.


Centenares de docentes asistiron á marcha ante o Pazo do Hórreo e que percorreu as rúas da capital. “A Xunta quere evitar poñer en práctica medidas que  faciliten a redución da temporalidade no ámbito do sector educativo público”, denuncian desde CUT Ensino.


“A polémica radica no procedemento de acceso previsto pola Xunta que, como denuncia esta central sindical, é contrario ao establecido na Lei 20/2021 de redución da temporalidade no emprego público, unha lei de ámbito estatal”, sinalan os organizadores da protesta, á vez que advirten que aínda que non está aprobada polo Congreso, si será tramitada “en próximas datas” e poderá aplicarse na OPE de xuño.



Nesta liña, acusan a a Consellería de Educación de “utilizar” as oposicións para “obviar” as medidas contra a temporlidad no ensino público. “A CUT quere denunciar que a Xunta de Galicia convocou con antelación inusitada o procedemento de acceso para evitar aplicar as medidas de redución de temporalidade”, critican.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE