Lugo ten o mellor grafiti do mundo: o Julio César do artista Diego As, nomeado mellor mural urbano de 2021

O mural do emperador Julio César que loce nunha parede da Rolda da Muralla en Lugo foi elixido o mellor do mundo de 2021 polo portal Streetartcities.

|

O legado romano de Lugo traído a este século grazas ao artista Diego As foi recoñecido a nivel mundial como o mellor de 2021 polos usuarios de 'Street Art Cities'.


"Quero dar as grazas á cidade de Lugo, a todos os que me votaron para poder levar este mural para ser o mellor do mundo entre os cen que participaban", declara o artista.


Mural de 'Julio César' en Lugo, candidato ao mellor mural urbano do mundo

Julio César | Foto: EP


O mural do emperador Julio César que loce nunha parede da Rolda da Muralla en Lugo foi elixido o mellor do mundo de 2021 polo portal Streetartcities.

É a imaxe de Julio César que se fixo sobre a parte lateral da fachada dun edifico no que se sitúan distintas oficinas administrativas do Goberno central, como a sede en Lugo da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Diego Anido Seijas, o mozo gañador que se fai chamar artisticamente Diego As, mostrouse "moi feliz" con este recoñecemento, sobre todo "pola cidade" que, segundo destacou, "envorcouse de pleno con este mural".


O mural do emperador Julio César que loce nunha parede da Rolda da Muralla en Lugo foi elixido o mellor do mundo de 2021 polo portal Streetartcities.O mural de Diego As quedou 1º na votación | Foto: EP

"Quero dar as grazas á cidade de Lugo, a todos os que me votaron para poder levar este mural para ser o mellor do mundo entre os cen que participaban", subliñou.

O autor, que non oculta a súa "felicidade", aproveitou para agradecer tamén ao Concello de Lugo que impulsase a candidatura, ao Arde Lucus (a festa de recreación histórica do pasado romano de Lugo), así como aos artistas que concorreron. "Calquera deles podíase levar o premio", sinala.

Diego As asegurou que isto supón "un paso cara adiante" na súa carreira. "Xa desde agosto que se proclamou o mellor dese mes notouse como que a xente quería apostar máis pola miña. Agora mesmo estou encerrado nun estudo tentando sacar proxectos para o verán", destacou.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE