Outro escándalo no pleno de Ourense: Jácome chama "matón" a un edil do BNG e a Policía expúlsao (vídeo)

O alcalde chamou "matón e macarra" a Seara e foi censurado polos líderes de BNG e PSdeG, que responsabilizan da situación a Feijóo

|

O pleno de Ourense "fede" pola actitude do alcalde, dixo o líder do PSOE, Villarino, que aguantou ata que puideron aprobar a nova residencia do Pino. Despois el e o resto de concelleiros da oposición marcháronse.


Reaccionaron así despois de que Jácome mandase á Policía Local botar a Luís Seara. O do BNG pretendía defenderse dunha acusación previa de Jácome -o alcalde di que ameazou a un veciño-, pero o líder de Democracia Ourensá botouno sen deixar dar a súa versión, non sen antes acusalo de soviético, matón e macarra.


Luís seara policia



 

A sesión plenaria do Concello de Ourense que desbloqueou a construción da residencia de maiores financiada pola Fundación Amancio Ortega terminou aos 45 minutos do seu inicio despois do forte enfrontamento mantido entre o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, e o portavoz do BNG, Luís Seara, expulsado polo rexedor, quen chegou a solicitar a intervención da Policía Local para que o nacionalista abandonase o estrado do salón de actos.

  

Tras a rifa protagonizada entre Seara e Jácome, que chamou "matón" e "macarra" ao portavoz do BNG; os grupos decidiron abandonar a sesión despois de proceder á votación sobre a parcela da residencia no Pino. Ante o abandono dos grupos polo sucedido entre Jácome e Seara, a sesión foi suspendida por falta de quórum.

INSULTOS DO ALCALDE
O enfrontamento produciuse durante o primeiro punto da orde do día, a votación, por terceira vez, do cambio de uso dotacional da parcela da antiga estación de autobuses para a construción da residencia.

Tras escoitar as intervencións de cada un dos partidos sobre unha cuestión na que o grupo nacionalista había avanzado a súa abstención, Pérez Jácome tomou a palabra para referirse ao portavoz do BNG como "un auténtico matón e un macarra".

SUPUSTA CHAMADA A UN VECIÑO
Despois dos cualificativos deu paso á lectura dunha suposta denuncia dun particular que, segundo o alcalde, acusa a Luís Seara de chamalo por teléfono despois do acto organizado pola Xunta o pasado mércores para presentar o proxecto do xeriátrico.

"Este demócrata chamou a unha persoa duns 70 anos e díxolle: 'ti fuches un dos que me gritou. Demócrata de merda, vas decatar'", leu o rexedor.

Ante isto, o portavoz nacionalista dirixiuse aal estrado pero foi aí cando o alcalde non lle permitiu falar. "Aquí non mandas ti, isto non é a Unión Soviética", espetou Jácome.

Seara continuou tentando responder as acusacións vertidas por Jácome, quen puxo tres chamadas á orde e pediu a expulsión do pleno do portavoz nacionalista, chegando mesmo a pedir a intervención dos axentes presentes na sesión. "Policía Local, bóteno. É necesario reforzos?" , dixo Jácome. 


Jacome pleno



A outro concelleiro díxolle "o teu es avogado, o teu es avogado, pois vaia avogado macho!" e engadiu "feixe o teu de profesor que non vales nin para iso". O mandatario non deixou defenderse ao concelleiro ao que acusara.  Despois dixo que "eu non insultei". 

Mentres se marchaba, o edil asegurou non ter constancia da denuncia á que aludía o alcalde ao que se dirixiu para contestarlle que "é un auténtico lercho" que "non vai conseguir o que pretende".

SUSPENSIÓN DO PLENO
Xa tras o abandono do BNG do pleno, a sesión continuou a votación da residencia que saíu favorable dado que os concelleiros esperaran ao termo para abandonar o Auditorio Municipal.

Antes, houbo tempo para unha última quenda de palabra, no que o portavoz de Cidadáns, José Araújo, criticou que "se saquen trapos sucios", unha intervención á que Pérez Jacome respondeu: "a Baltar pódenselle sacar os trapos sucios e a Luís Seara non?".

REACCIÓNS DOS PARTIDOS
A rifa sesión provocou numerosas reaccións, tanto a nivel local como autonómico. PSOE, BNG e Cidadáns, así como os concelleiros non adscritos, solicitaron ao Partido Popular "un paso adiante" para un cambio de goberno. Ademais, achacaron a situación a un intento do alcalde de "boicotear" a aprobación do xeriátrico.

Así mesmo, o portavoz nacionalista ha comparecido ante os medios para trasladar que tal conversación cun veciño polo xeriátrico "non sucedeu nos termos nos que se expuxo" e que Jácome actuou "como un tirano".

En defensa do portavoz nacionalista municipal saíu Ana Pontón, que cualifica a situación de "intolerable" e apunta ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, como "o máximo responsable do esperpento e do despropósito que se está vivindo en Ourense".

O PSdeG tamén dirixiu as súas miradas cara ao líder do PP galego, a quen culpa da situación de Ourense. "Só hai un responsable: Feijóo e o PP, que coa súa decisión colocaron e manteñen a Jácome á fronte da Alcaldía", sinalou o secretario de Organización dos socialistas galegos, José Manuel Lage.

VALORACIÓN DE FEIJÓO E O PP
Precisamente, leste mesmo venres o presidente autonómico atopábase de visita no Hospital Universitario da cidade. Alí, a preguntas dos medios sobre a situación, asegurou non saber o que ocorría no pleno pero trasladou "a súa solidariedade" cos seus compañeiros.

"Creo que o que deberiamos é celebrar que se desbloqueou un investimento moi importante coa construción da residencia da terceira idade", manifestou o líder dos populares galegos.

Pola súa banda, o PP ourensán mostrouse na mesma liña lamentando que o acordo de facilitar a construción "viuse escurecido" por unha actitude "irrespetuosa que o PP non comparte".

VERSIÓN DE JÁCOME

O rexedor municipal ha reaccionado ao que el mesmo protagonizou durante a sesión plenaria. A través dun vídeo na canle de Youtube 'Auria TV', asociado ao seu partido, Democracia Ourensá, Jácome fala da presunta denuncia cara ao portavoz nacionalista polas ameazas a un veciño. 


Asegura que o denunciante o chamou "totalmente compunxido e alucinado". "Estou autorizado por esta persoa para contar esta denuncia", expuxo no vídeo no que crítica que o concelleiro "non tiña autorización para subir ao estrado nin quenda de palabra" e que, por ese motivo, foi expulsado.

"Subir ao estrado e cortar ao que está a falar fíxoo Tejero, noutro contexto e cunha arma. Pero fíxoo Tejero, nin sequera Beiras cando sacou o zapato con Fraga fixo iso", di no vídeo no que tamén apunta aos seus socios de goberno aos que critica que "afearon" a súa actitude cando considera que "é correcta". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE