Descenso mínimo dos casos activos en Galicia mentres a situación mellora nos hospitais

A comunidade anota o descenso máis leve no últimos seis días, nos que viu decrecer o seu número de casos activos de forma ininterrompida. De feito, desde que superou o pico da sexta onda, foi o descenso máis pobre de todos. Afortunadamente, nos hospitais o escenario cambia para mellor. Por terceiro día consecutivo libéranse camas nas áreas para a atención dos enfermos de Covid-19. Tocaría teito a presión hospitalaria?


|

A comunidade anota o descenso máis leve no últimos seis días, nos que viu decrecer o seu número de casos activos de forma ininterrompida. De feito, desde que superou o pico da sexta onda, foi o descenso máis pobre de todos.


Afortunadamente, nos hospitais o escenario cambia para mellor. Por terceiro día consecutivo libéranse camas nas áreas para a atención dos enfermos de Covid-19. Tocaría teito a presión hospitalaria?



Hoxe son 49.182 casos activos en toda Galicia, o que supón un descenso en só 24 horas de 194 casos máis. É, como vemos, un descenso moi pouco significativo, só mellor que os 443 menos do mércores pasado. Con todo, é o sexto día de descenso. Galicia non encadeaba un refacho así desde o 10 de outubro. Dúas semanas despois, comezou a sexta onda. 


Os contagios, en cambio, seguen con valores aínda moi altos pero en retroceso. Son 3.787 novos positivos desde onte, 578 máis que o día anterior. Doutra banda, os contagios destapáronse logo de practicar 6.775 PCR e 2.955 test serológicos. Cos contagios á baixa, pero aínda con niveis desorbitados, haberá que estar moi atentos á transmisión do virus nas próximas semanas, xa que hoxe termina a obrigatoriedade de usar as máscaras ao aire libre. 


Con estes algarismos, a positividade escala ata o 18% cando onte rozou o 17%. Con todo, a positividade media semanal segue retrocedendo, outra mostra da melloría substancial, aínda que lenta, que está a experimentar a comunidade. 


Doutra banda, no referido á incidencia media acumulada semanal, esta baixa do milleiro de casos por cada 100.000 habitantes por primeira vez desde o 29 de decembro. A incidencia a sete días cae ata os 985 casos, o cal non cambia o nivel de alerta pero si o panorama. A incidencia chegou a ser dúas veces superior ás cifras de hoxe.

 


A dúas semanas, o indicador tamén mellora, pasando dos 2.446 de onte aos 2.363 casos por cada 100.000 habitantes de hoxe. 





razón de taxas si ofrece unhas cifras realmente esperanzadoras. O nivel se ecuentra xa no 0,83, os que  tradúcese en que o descenso de casos na última semana foi do 17% con respecto á penúltima semana. Só nun día a melloría foi de 0.04 puntos. Aos poucos, pero a desescalada comeza a gañar velocidade.


Outro indicador que evidencia isto é a media móbil semanal, o único indicador que de verdade nos permite aventurar a evolución da pandemia. Está no -2,82%, pero é un empeoramento de 0,05 puntos nun só día. Cabe esperar que aumente a súa velocidade nos próximos días, pero isto é algo que, por desgraza, levamos xa varias semanas esperando sen éxito.



PRESIÓN HOSPITALARIA

Aínda que o conxunto das cifras son positivas, os esforzos das autoridades nos últimos meses estubieron dirixidos a salvagardar a situación nos hospitais. Os descensos dos últimos días poderían indicar que Galicia superou xa o teito de hospitalizados nesta sexta onda, e as once camas que se liberan hoxe son un magnífico reforzo. 



Hai 635 pacientes con coronavirus nas áreas destinadas á atención dos enfermos de Covid-19. Hai, tamén, 47 pacientes en UCI. 


Doutra banda, no que a altas médicas refírese, 4.193 , a cifra máis baixa desde o 17 de xaneiro. Do mesmo xeito, hai que lamentar sete decesos. Con sete morte máis, en Galicia, e segundo as cifras oficiais da Xunta, faleceron 3.015 persoas polo coronavirus desde o estalido da crise sanitaria.



 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE