A Xunta tampouco informará máis os colexios nos que se declaren brotes de coronavirus

O Goberno de Galicia anunciou esta mañá un cambio de criterio no seu sistema para informar sobre a situación da pandemia nas residencias. Esta tarde ocorreu o mesmo cos centros escolares.


|

O Goberno de Galicia anunciou esta mañá un cambio de criterio no seu sistema para informar sobre a situación da pandemia nas residencias. Esta tarde ocorreu o mesmo cos centros escolares.


En lugar de dar unha listaxe detallada cos centros con 15 ou máis casos activos, a Xunta limitarase a dicir o número total de afectados en cada unha das sete áreas sanitarias, sen entrar a citar os colexios. 


Niu00f1a escolas máscara

Unha nena en clase | Foto: EP


Nin os casos activos nin os contagios están a baixar á velocidade desexada nesta sexta onda. Tampouco os hospitalizados parecen alcanzar o seu teito. Con todo, á Xunta parece non preocuparlle especialmente, e nun novo exercicio de opacidade informativa como o visto esta mañá coa actualización semanal da situación nas residencias, o Goberno de Galicia aplicou un novo cambio ao seu sistema de publicación dos casos activos de Covid-19 nos centros escolares galegos. 


Un novo cambio que complica cada vez máis o traballo dos xornalistas para achegar á poboación unha realidade incómoda, como é o feito de que nestes momentos os nenos e os colexios son un dos motores desta onda, que parece non ter fin. 


Ao comezo do presente curso, a Xunta cambiou o sistema do ano pasado, cando notificaba de martes a sábado unha listaxe co número de centros escolares afectados, coa cantidade de casos activos e aulas pechadas en cada un deles. A esa información detallada o remplazó un sistema, máis vago, no que cada mércores a Xunta publicaba unha cuadrícula cos casos e aulas pechadas en cada unha das sete áreas e anotaba os centros máis afectados en cada momento, sempre que tivesen 15 ou máis casos activos ou que se visen abocados a pechar temporalmente, como no caso dalgunhas escolas de educación intantíl.


Hoxe, a Xunta tamén abandona este método e agora aplicará, como coas residencias, a fórmula de sinalar os casos activos e aulas pechadas nas sete áreas, unha vez por semana. E nada máis. A diferenza de en o comunicado das residencias, onde polo menos explican que o cambio vén motivado por a "a evolución da situación epidemiolóxica e co procedemento seguido nas demais comunidades autónomas", no caso dos colexios a Xunta non deu explicacións do porqué deste cambio metodolóxico


DESCENSO LEVE

Segundo os datos, hoxe son 8.950 os afectados nos centros educativos de Primaria, Secundaria e Bacharelato. Son apenas 335 menos que hai unha semana, cando a cifra era de 9.285 casos activos. A semana pasada o CPR Plurilingüe Liceo A Paz era o centro máis afectado con 68 casos. Hoxe non se pode saber, polo menos non polos datos da Xunta.


Vigo, con 2.126 casos activos e 43 aulas pechadas, é a área máis afectada, seguida de A Coruña, con 2.023 casos (37 calases pechadas), e Santiago, con 1.598 casos (31 aulas clausuradas). Pontevedra atópase en cuarto lugar, tanto en casos activos, 1.090, como en aulas, nove.


Por baixo do milleiro de casos están Ourense (874 casos; dúas aulas pechadas), Lugo (824 casos; sen aulas pechadas) e Ferrol (415 casos; catro aulas pechadas). 


ESCOLAS INFANTÍS

Nas escolas infantís son 530 os casos activos nestes momentos. A Coruña destaca sobre o resto, con 142 casos e cinco aulas pechadas. Vigo e Pontevedra teñen 119 e 76 casos respectivamente, ademais de dous e unha aula pechada. 


As demais áreas teñen a todas as súas clases operativas, a pesar dos 73 casos activos en Santiago, os 48 de Ourense, os 38 de Ferrol e os 34 de Lugo, o que menos notifica esta semana. Non se comunicaron centros pechados. 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE