As redes reaccionan con humor ao terremoto en Galicia: "Non foi un tremor, foi o enfado polo tongo a Tanxugueiras"

Galicia é moito. As redes sociais han tremido tamén coas reaccións dos galegos a un terremoto que se tomaron con moita retranca e para o que atoparon moitas explicacións.


|

Galicia é moito. As redes sociais han tremido tamén coas reaccións dos galegos a un terremoto que se tomaron con moita retranca e para o que atoparon moitas explicacións.


O tongo ás Tanxugueiras no Benidorm Fest, a factura da luz en Vigo despois do nadal ou axudas do Goberno de España para superar os danos que provocou o tremor...


Terremoto fronte á costa galega.

Terremoto na costa galega


É que nin un terremoto podémonos tomar en serio os galegos e galegas. Ao tremor de magnitude 4,7 que se percibiu en toda a costa atlántica e que mesmo fixo sacudir Santiago de Compostela e, segundo algúns usuarios de redes sociais, tamén se fixo notar en Lugo, o que o sucedeu non foron réplicas, foi a broma dos galegos, que aproveitaron o momento para chancear.


-Sentístelo?

-O que?

-O terremoto.

-LOL. Pensaba que fora o meu gato.


Seguro que máis dun mantivo unha conversación parecida por Whatsapp este mediodía. En Vigo existe a dúbida de se foi realmente unha sacudida ou se, pola contra, son os efectos de ter as luces de Nadal tanto tempo acendidas e co prezo da luz polas nubes.



O sismo non se notou só nas cidades e os municipios costeiros, senón que se percibiu por veciños do interior, con avisos ao 112 desde Ames ou A Laracha. No interior, algún estaba máis preocupado polos seus animais que polo terremoto. Outros xa se preparan para o peor.


 



Con todo, cabe destacar que, aínda que é un suceso pouco habitual en Galicia, este tremor de magnitude 4,7 é "pouca cousa". Afortunadamente -que se saiba- non hai que lamentar danos persoais nin materiais.



Pouco ou nada teñen que ver estes movementos sísmicos cos rexistrados en Xapón hai uns días, de ata 6,6 graos na escala Richter. Máis dun nin notou o tremor... o que non é escusa para querer sacar tallada.




No que coinciden as redes sociais é que nada disto pasase se onte o xurado de expertos cambiase o seu voto ás Tanxugueiras. O polémico veredicto dos xuíces ocasionou un verdadeiro terremoto na rede, e agora parece trasladarse á terra. O epicentro? O mal humor dos galegos. Coas Tanxu non se xoga. Porque se non ocorre isto na 'Terra'. 







Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE