​Xornadas no Courel para erradicar as mimosas, especie invasora que ameaza a biodiversidade da zona

Unha especie non só perigosa para as plantas autóctonas e a biodiversidade, senón que tamén xoga un papel importante nos incendios forestais.


|

A xornada, organizada polo grupo municipal ‘C@urel Vivo’, terá lugar o sábado 5 de febreiro a partir das 9:30 horas.


A especie invasora é un problema na alta montaña lucense, pero tamén en zonas como O Ribeiro e as inmediacións do Miño.


Mimosas a beiras do miño

Mimosas a beiras do Miño


A primavera en Galicia adoita anunciarse coa floración dos maios, que tinguen de amarelo os vales e outeiros. Con todo, nos últimos anos un invasor tamén amarelo roubou o protagonismo ás plantas autóctonas, desprazándoas na súa carreira colonizadora. Son as mimosas, tan bonitas como perigosas, xa que aínda que en Galicia os eucaliptos centran todas as miradas, estas plantas foráneas son tamén un perigo para os montes galegos.


Sábeno na agrupación municipal ‘C@ural Vivo’, que organizou xornadas para este 5 de febreiro nas que retirarán á especie invasora dos terreos nos que os seus propietarios permítanlles operar. Será a partir das 9:30 horas e na organización agradecen a inscrición de voluntarios para ocupar máis terreo.


Desde ‘C@ural Vivo’ advirten que se non se erradican a tempo, os exemplares de mimosa “colonizarán ladeiras enteiras”. A organización di estar “a traballar para loitar contra esta ameaza onde os donos estean de acordo e para iso contamos con todos os permisos necesarios”.


271944635 3153063264974694 5274382050713248050 n


Cansos de esperar a acción das administracións, o colectivo púxose ao choio para atallar o problema. Unha especie non só perigosa para as plantas autóctonas e a biodiversidade, senón que tamén xoga un papel importante nos incendios forestais.


Xa en 2019 o doutor Joám Evans Pim, coordinador das Brigadas Deseucaliptizadoras, e o biólogo e investigador Jonatan Rodríguez explicaban para Galiciapress as dimensións deste problema, capaz de asentarse en alturas superiores aos 1.000 metros, como é o caso do Courel.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE