O SERGAS sostén que Galicia "rolda" o pico da sexta onda, coa Atención Primaria saturada

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que as previsións se manteñen e que Galicia "está a roldar o pico" de casos activos nesta onda da pandemia. Faio nun marco no que as autoridades sanitarias consideran que, pese á alza dos ingresos en planta, a hospitalización está controlada e "estable", aínda que segue a "preocupación" pola Atención Primaria.





|

Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade, informou de que as previsións do SERGAS sitúan a Galicia moi preto do pico de casos da sexta onda, algo que podería coincidir co prognostico de Galiciapress despois dos datos de hoxe


"Se valoramos a ocupación en 2019, 2020, 2021 e 2022 comprobaremos que temos cinco ou seis puntos de menor ocupación que antes da pandemia, o que acredita que os hospitais están nunha situación estable desde o punto de vista da ocupación", di Comesaña. 


Un sanitario ao redor dun paciente ingresado na UCI do Hospital Enfermeira Isabel Zendal.

A ocupación hospitalaria está lonxe das cifras doutras ondas | Foto: EP


O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que as previsións se manteñen e que Galicia "está a roldar o pico" de casos activos nesta onda da pandemia. Faio nun marco no que as autoridades sanitarias consideran que, pese á alza dos ingresos en planta, a hospitalización está controlada e "estable", aínda que segue a "preocupación" pola Atención Primaria.

En declaracións aos medios, en Vigo, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, constatou que a explosión da ómicron comporta "un número importantísimo de casos activos", unha situación que non se deu antes na pandemia. Pero tamén matizou que a maior parte de casos derivan en patoloxías leves.

En todo caso, sinalou que o elevado número de casos si supón unha carga de traballo moi elevada para a Atención Privada, sobre todo no que se refire ao apartado máis administrativo, vinculado coas baixas laborais.

Agora trabállase para implantar, se é posible esta semana, o sistema automático de baixas e altas simultáneas, e Comesaña lembrou outras iniciativas impulsadas para o desconxestionamento administrativo como o contrato de facultativos xubilados ou de médicos sen especialidade que poidan exercer como técnicos de saúde.

Nesta conxuntura, remarcou que Galicia "rolda o pico" do número de casos activos, e lembrou que a previsión era alcanzalo entre o 15 e o 18 de xaneiro. Pero a partir de aí, unha vez que se alcanza o pico, lembrou que aínda hai unha semana de aumento dos hospitalizados e dúas semanas "de crecemento nas UCI".

Son parámetros --precisou-- que aínda haberá que confirmar se se repiten coa nova variante, pero Sanidade "segue monitorando" a evolución da pandemia e si mantén a previsión de que o pico está "preto".


"MENOR OCUPACIÓN" QUE ANTES DA PANDEMIA

Pola súa banda, en declaracións aos medios en Salvaterra do Miño, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, resaltou que Galicia é a comunidade "con menor ocupación hospitalaria" de España, pero advertiu que aínda "non se alcanzou o pico", o que obriga a "seguir traballando con rigor e seguir coidándose" coas medidas de seguridade e de prevención correspondentes, como a máscara.

Feijóo lembrou que as fin# de semana se dan menos altas, polo que haberá que esperar a este luns ou o martes para ver como evolucionan as hospitalizacións. En todo caso, reiterou que, a día de hoxe, o 99,1% de infectados están nas súas casas, mentres que o 0,8% cursan a enfermidade en planta hospitalaria e o 0,1% está nunha UCI.

"Se valoramos a ocupación en 2019, 2020, 2021 e 2022 comprobaremos que temos cinco ou seis puntos de menor ocupación que antes da pandemia, o que acredita que os hospitais están nunha situación estable desde o punto de vista da ocupación. Non nos preocupan os ingresos hospitalarios, si a atención en Primaria como consecuencia do traballo burocrático enorme que hai; falamos de 7.000 ó 8.000 baixas diarias", exemplificou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE