O Grinch pasa de roubar o Nadal a "birlar" o primeiro premio do concurso de escaparates para a librería Azeta ​

O concurso de escaparates de Nadal, campaña impulsada polo Concello da Coruña durante estas datas festivas para dinamizar a actividade económica das pequenas tendas, premiou a cinco establecementos.



|

O comercio herculino levou o primeiro posto do concurso organizado polo Concello da Coruña, dotado dun premio de 2.500 euros, grazas ao seu orginal escaparate.


Ademais da librería, hai outros cinco comercio premiados con cantidades que van dos 1.500 aos 750 euros. 


Escaparate gañador do concurso convocado polo Concello da Coruña

Escaparate da Librería Azeta | Foto: EP


O concurso de escaparates de Nadal, campaña impulsada polo Concello da Coruña durante estas datas festivas para dinamizar a actividade económica das pequenas tendas, premiou a cinco establecementos.

Durante a campaña, todos eles dispuxeron da posibilidade de solicitar o asesoramento dunha persoa experta na materia a través da Concellería de Comercio, Mercados, Consumo e Barrios.

Este mércores, o goberno municipal anunciou os cinco escaparates máis votados, tras a valoración inicial do xurado, que determinou os dez finalistas, e a votación popular posterior.

Os cinco escaparates máis votados obtiveron premios que van desde os 2.500 e os 750 euros. Foron, por esta orde, Librería Azeta, Enredos, Recuncho de Noa, Luces de Bohemia e Div-Ain.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE