​A 'Xira Midas' de Tanxugueiras comezará o 26 de marzo, a dous meses de Eurovisión 2022

As entradas para o concerto saen á venda este 5 de xaneiro e, coa repercusión do grupo nos últimos tempos, prometen esgotarse moi pronto.


|

O grupo galego anunciou o seu regreso aos escenarios para a primavera de 2022, incorporando os seus temas 'Terra' e 'Figa' ao repertorio.


Dous meses despois do inicio da xira, en maio, terá lugar o Festival de Eurovisión en Turín. Estarán alí a Tanxugueiras?


Vira de Tanxugueiras

Tanxugueiras | Foto: EP


2021 foi un ano histórico para Aida, Olaia e Sabela, pero o mellor está por vir. Neste 2022 o trío que compón Tanxugueiras promete levar a música tradicional galega a un novo nivel coa celebración da 'Xira Midas', que arrincará o 26 de marzo.


Coa primavera as Tanxugueiras volven aos escenarios, coa Sala Pelícano como primeira parada. As entradas para o concerto saen á venda este 5 de xaneiro e, coa repercusión do grupo nos últimos tempos, prometen esgotarse moi pronto.


O evento será a presentación en sociedade do seu novo disco, cos temas 'Terra', 'Figa' ou 'Midas' como as últimas incorporacións ao repertorio. Neste novo álbum “o grupo segue reformulando a música tradicional desde unha óptica contemporánea, que está a sorprender en todo o territorio”.


UNHA DATA LIBRE EN MAIO?

Por agora, descoñécese como de ocupada teñen a axenda en maio, pero en Galicia esperamos que teñan reservado algún voo a Turín. Tanxugueiras preséntanse como favoritas para representar a España en Eurovisión con 'Terra', un tema que nas súas primeiras semanas de vida xa alcanzou o millón e medio de reproducións en Youtube.


As cantareiras aínda deben gañar o Benidorm Fest este xaneiro, onde compiten con artistas da talla de Rayden ou Azucar Moreno. Por agora, todo o logrado xa supón un fito para a música galega, que podería soar en toda Europa da man de Tanxugueiras.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE