Ferida de gravidade unha moza de 18 anos e os outros tres ocupantes dun coche que chocou contra un farol en Lugo
A rapariga permanece ingresada con feridas graves tras o suceso, que deixou o coche boca abaixo.
Os feridos máis graves foron evacuados en ambulancia ao Hospital Lucus Augusti, mentres que o condutor foi sometido a unha proba de alcoholemia, que lanzou resultado negativo.
Coche accidentado | Foto: EP
Unha moza de 18 anos de idade, resultou con feridas graves ao envorcar un coche e impactar contra un farol en Lugo, nun sinistro no que tamén resultaron feridos o condutor e outros dous ocupantes do vehículo.
Segundo informou a Policía Local de Lugo, o accidente ocorreu ás 4,50 horas da madrugada deste mércores, cando un coche que circulaba pola Rolda Fingoi e saíuse da calzada pola marxe dereita, impactando contra un farol e envorcando sobre un dos seus costados.
No interior do turismo viaxaban catro novos. Unha delas, unha moza de 18 anos que ía nos asentos de detrás, resultou con feridas graves; outro mozo que tamén ía detrás sufriu feridas de prognóstico reservado; mentres que o condutor e o 'copiloto' tiveron feridas de pouca consideración.
Os feridos máis graves foron evacuados en ambulancia ao Hospital Lucus Augusti, mentres que o condutor foi sometido a unha proba de alcoholemia, que lanzou resultado negativo.
Con todo, o instrutor do atestado, ao inspeccionar a zona e a posición do coche, así como os danos rexistrados, tramitou dilixencias por un presunto delito contra a seguridade viaria, por condución temeraria. O coche sinistrado foi retirado polo servizo de guindastre municipal.
Por outra banda, a Policía Local de Lugo tamén informou da instrución de dilixencias contra unha condutora, que foi interceptada tamén na madrugada deste mércores, na Avenida de Ramón Ferreiro.
A muller foi sorprendida circulando con síntomas de embriaguez e, ao ser sometida á proba de alcoholemia, esta lanzou resultado positivo de 0,70 mg/l.
Escribe o teu comentario