O sorprendente parón de hospitalizacións prosegue e primeira baixada da incidencia semanal covid na 6ª onda en Galicia

Algo nunca visto está a pasar en Galicia, os hospitalizados non crecen sen que houbese antes unha baixada dos diagnósticos.


|



Os 1.041 novos positivos por PCR comunicados hoxe é a menor cifra na última semana. Algo que non é sorprendente, pois as cifras de hoxe proveñen do domingo, xornada con menos PCR. O que si é sorprendente, e esperanzador, é que a incidencia semanal cae por vez primeira desde o 2 de novembro.


Aínda mellor noticia é que o total de hospitalizados en planta baixa. Son 233, oito menos que onte e 10 menos que a semana pasada. Algo nunca visto está a pasar en Galicia, os hospitalizados non crecen sen que houbese antes unha baixada dos diagnósticos.




 

incidencia acumulada semanal  cae de 315  a   314 positivos por cada 100.000 galego, un descenso mínimo pero importante polo que implica de posible cambio de tendencia. En todo caso, de acordo a o novo semáforo covid aprobado  polo Ministerio, este índice está en nivel de risco moi alto, o peor posible. 


incidencia acumulada a 14 días crece 12 puntos ata 536.  Continuamos en risco moi alto. Non é contradictorioi que a semanal baixe e a bisemanal creza. Calquera cambio de rumbo notarase sempre antes na incidencia semanal, nunca na bisemanal, que é un índice moito máis estable, menos proclibes a variacións. Por iso soprende aínda máis que fai un par de semanas a directora xeral de Saúde Pública aludise a unha suposta posible meseta na incidenca a 14 días para xustificar o atraso na imposición de limitacións.


O dobre da incidencia a 7 días (619 ) é moito maior que a incidencia a 14 días ( 536 ). Sabemos pois que na última semana houbo máis positivos que na penúltima. 


Cantos positivos máis? A razón de taxas é de 1,17 , por tanto na última semana houbo un  17 % de positivos más que na penúltima. 


Ese +17% é unha cifra muye esperanzadora. Implica que o 'cuentakilometros' dos positivos semanais volve a decelerar tras unhas xornadas estancado en torno ao 20%.


 A taxa de positividade onte foi de o   12% . A media semanal risco alto neste indicador, no 11,3%, empeorando lentamente. 


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados ascende hoxe só un 2,5% .  Só porque é o menor aumento relativo  desde novembro. Logicamente, isto axuda a que a media semanal complete outro pasito na boa dirección, aínda que mínimo, caendo   de   3,7% a 3,6 %.


Se segue o ritmo da última semana, a derivada da curva de casos activos tocaría 0 ao redor de Reyes. Ata entón cada día o SERGAS tería que lidar con máis e máis enfermos.  


 

En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un ascenso de +397 . O total é de  casos activos é de   16.253 . 



DATOS POR ÁREAS

Vigo (301) e  Pontevedra (164) son outra vez os distritos que máis positivos comunican hoxe. Moi importante ademais é que Vigo ve baixar os seus hospitalizados. Hai uns días tivo máis de 100 e agora hai 87. 



Máis datos a nivel municipal e de distrito de o SERGAS nuns minutos noutra noticia de Galiciapress.


CONCLUSIÓNS

Con estas cifras sobre a mesa, pódese inferir que:

  • Os datos de hoxe achegan un moi necesario alivio tras unhas xornadas de fortes subidas. Con todo, hai que tomalos con cautela. Proveñen dun domingo con menos de 7.800 PCRs, cando a media está por encima dos 10.700. Hai que recordar, ademais, que os martes é sempre  o día co panorama menos sombrío, despois de incorporar ás series semanais os datos de dúas xornadas de fin de semana.
  • O que non é ningún espellismo produto de oscilacións semanais é o parón, mesmo caída, na cantidade de hospitalizados en planta. Un optimista diría mesmo que a curva de hospitalizacións en planta pasou un pico, ou está a piques de conquistalo. Xamais pasara algo así. Primeiro baixaban os índices de diagnósticos e despois os de hospitalizacións. 

    D0Kk7 hospitalizados en planta por covid en galicia  (7)


  • A explicación estatística é que a taxa de hospitalización esborrallouse. Estivo por encima do 3,2% a pasada semana e agora anda polo 1,2%. A explicación do mundo real é descoñecida e misteriosa. A terceira dósis entre os maiores de  60 está a provocar un rapidísimo descenso da porcentaxe de enfermos que acaba no hospital? A variante Ómicron provoca síntomas máis leves? 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE