Capital Energy di que pagará ata o 40% da luz a veciños de Mazaricos afectados por un parque eólico

A compañía enerxética Capital Energy subscribiu en Galicia o segundo convenio de colaboración ligado ao seu proxecto 'Territorios', en concreto coa Comunidade de Montes Veciñais en man común de Fontemourente.

|

No medio dunha marea de protestas contra os moitísimos proxectos solicitados, a eléctrica madrileña lanza unha iniciativa xamais vista no campo galego.

 

Un parque eólico de Capital Energy




A compañía enerxética Capital Energy asegura que  subscribiu en Galicia o segundo convenio de colaboración ligado ao seu proxecto 'Territorios', en concreto coa Comunidade de Montes Veciñais en man común de Fontemourente.

Un acordo cuxo principal obxectivo é, segundo reivindica, "mellorar o benestar social e económico de todos os veciños da aldea homónima", situada no Concello coruñés de Mazaricos.


IMPORTE

A empresa aplicará aos empadroados en Fontemourente un desconto na súa factura de electricidade de ata 300 euros anuais tras a posta en marcha do parque eólico Banzas --situado nas localidades de Outes, Negreira e a propia Mazaricos--, "sempre que contraten a súa subministración coa comercializadora do grupo".

Esta actuación pode supoñer un aforro de entre o 30% e o 40% na factura da luz de cada veciño ao ano, de acordo cos datos da empresa.

Así mesmo, Capital Energy comprométese a que o produto que oferte aos consumidores que cumpran estes requisitos sexa competitivo respecto a outras propostas que puidesen existir no mercado no momento da entrada en vigor do contrato.

Pola súa banda, os destinatarios das axudas deberán estar ao corrente de pago para recibir a mencionada rebaixa no seu recibo da luz.

A través do proxecto 'Territorios', Capital Energy quere articular o seu compromiso co desenvolvemento sostible, converterse en "un veciño máis das rexións nas que está presente" e contribuír ao seu crecemento social e económico.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE