Terribles datos de covid en Vigo impulsan novo récord de positivos nesta onda e afastan a esperanza dun pico


A propagación de Ómicron é unha da hipótese que explicaría porque esta onda pode acelerar outra vez. Outra, non excluínte, é o aumento de mobilidade no Ponte da constitución.


|



Os 1.131 novos positivos por PCR comunicados hoxe son o novo récord da sexta onda e afastan as esperanzas dun pico antes de nadal.


O salto de casos activos, 639 máis, é o terceiro peor na presente crise. Hai xa 53 galegos na UCI, 26 na área sanitaria de Vigo, a máis castigada agora mesmo xunto á de Pontevedra. Vigo que segue empeorando moito, con máis de 100 positivos na cidade hoxe, segundo as últimas cifras por municipios.


A propagación de Ómicron en Galicia é unha da hipótese que explicaría porque esta onda pode acelerar outra vez antes de completar a súa deceleración. Outra, non excluínte, é o aumento de mobilidade no Ponte da Constitución.





incidencia acumulada semanal  sobe de  250 a 265 , unha alarmante alza de +15 puntos nun só día. De acordo a o novo semáforo covid aprobado onte polo Ministerio, este índice está xa desde onte en nivel de risco moi alto, o peor dos posibles.





incidencia acumulada a 14 días tamén crece moitísimo, un +21 elévaa ata 446 positivos por cada 100.000 habitantes .  Continuamos en risco alto pero xa estamos preto de entrar en risco moi alto. O límite está en 500, fronteira que con saltos como o de hoxe superaremos antes de que acabe esta semana. 


O dobre da incidencia a 7 días ( 530 )  é moito maior que a incidencia a 14 días ( 446  ). Sabemos pois que na última semana houbo máis positivos que na penúltima. 


Cantos positivos máis? A razón de taxas é de 1,19 , por tanto na última semana houbo un  19 % de positivos más que na penúltima. Unha moi mala noticia nas cifras de hoxe é que o descenso da razón de taxas interrómpese por vez primeira en tres semanas. Chegamos a +46% de crecemento semanal a mediados de novembro e desde entón o velocímetro dos positivos empezou a descender moi lentamente ata que hoxe rebota, de +18% a +19%. 


É un rebote pequeno, pero hai que estar moi atento a este índice, se volve subir nos próximos días significaría que a deceleración da sexta onda acabouse antes de chegar a cero e adeus a calquera esperanza dun pico de contagios próximo.


A taxa de positividade onte foi de 9,8% e a media móbil semanal está en 11,4%, segunda xornada consecutiva na que se bate o récord . A media semanal está en nivel de risco alto, segundo os criterios do semáforo para indicador. Iso a pesar de que o SERGAS o luns, día de onde proveñen as cifras de hoxe, realizou moitos test, máis de 10.000, barreira que non superaba desde febreiro.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados ascende hoxe un 5.  Isto axuda a que a media semanal complete outro pasito na boa dirección,  pero casí ínfimo, cae de 4,9% a 4,8%. 


No últimos catro días este índice só ha caído catro décimas. Isto é extremadamente preocupante. Este indicador sempre foi o mellor para estimar que rumbo está a tomar a pandemia. A case parada total da deceleración da curva de casos activos debería acender todas as alarmas. Como sucede coa razón de taxas, esta serie está a alertarnos que a perda de empuxe da sexta onda pode dar paso a outra fase expansiva.






En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un ascenso de +639 . O total é de  casos activos é de 13.331, uns 3.100 máis que hai unha semana  . 


DATOS POR ÁREAS

Vigo (406) , Pontevedra (162) e  Ourense (160) son os distritos que máis positivos comunican hoxe.  Terrible o dato de Vigo, ningunha área chegara aos 400 nesta onda.  En Vigo xa hai 95 persoas hospitalizadas.




Máis datos a nivel municipal e de distrito de o SERGAS . 



CONCLUSIÓNS

Con estas cifras sobre a mesa, pódese inferir que:

  • A pandemia pode estar a empezar unha nova fase expansiva antes de sequera completarse a deceleración da sexta onda.
  • Ten que ver este cambio de tendencia coa propagación de Ómicron, cepa que xa salta no 33% das análises de ADN? É imposible sabelo, pero é unha hipótese para valorar. A área que máis está a empeorar é Vigo, a área onde primeiro e máis casos detectáronse desta variante. 
  • Sería moi malas noticias que esta alza tivese que ver con Ómicron. Os primeiros datos oficiais confirman que reinfecta máis e, polo menos a nivel estatístico, ten moitísima máis capacidade de escapar ao noso sistema inmune que Delta. Non sabemos aínda se isto implica síntomas máis graves e que as vacinas seguen sendo moi eficaces contra enfermidade grave.
  • Coa evolución que tiñamos ata onte, alcanzariamos un pico de contagios xusto antes de Nadal, un pico de casos activos xusto antes de Fin de Ano e un pico de hospitalizados a mediados de xaneiro. Se empeza unha fase expansiva, este calendario atrasarase semanas, poida que meses. 
  • Sen restricións significativas, Galicia corre risco de sufrir importantes tensións hospitalarias, como reflicte a situación de Vigo, onde xa se tiveron que cancelar operacións cando, no mellor dos casos, aínda queda un mes de subida da presión nos hospitais, pois aínda hoxe bateu o seu récord de positivos nesta onda, propicieado tamén un máximo a nivel galego. Evidentemente, non é un problema de Vigo, o que alí pase sucederá ou xa está a suceder na próxima Pontevedra e así no resto do país. 
  • Neste sentido, hai que estar moi atentos á evolución de Ourense cidade. Parece confirmarse que por fin conquistou o seu pico da sexta onda. Se tras esta recente melloría, volve ascender Ourense, debemos enceder todas as luces de alarma, pois será un sinal claro do papel de Ómicron nunha eventual nova fase expansiva.

    CxFBc positivos covid confirmados por pcr en galicia




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE