A Fiscalía investiga ao Concello de Pontevedra pola planta de compostaxe non construída na Canicouva

Tras unha denuncia do PP, o Concello defende a legalidade do contrato para unha construción que empezará en 2023

|

O contrato especificaba que pasados catro anos quedaría invalidado se a planta non estaba construída, indica o PP, o denunciante, que xa alertou disto na primavera.


O Consistorio di que a Fiscalía pode investigar o que queira pero que o contrato está vixente e non hai nada irregular nos pagos á Comunidade de Montes.



Lores asinando o acordo cos comuneiros da Canicouva en 2015 nunha foto da súa Twitter

Lores asinando o acordo cos comuneiros da Canicouva en 2015 nunha foto da súa Twitter  


A Fiscalía está a investigar o contrato de alugueiro duns terreos asinado en 2015 polo Concello de Pontevedra coa Comunidade de Montes da Canicouva para situar alí a planta municipal de compostaxe.

DENUNCIA DA OPOSICIÓN

O Ministerio Público actúa por mor dunha denuncia presentada o pasado 9 de novembro polo Partido Popular de Pontevedra, tal e como explicou este xoves en rolda de prensa o seu portavoz local, Rafa Domínguez.

A Fiscalía requiriu ao Concello toda a documentación administrativa que consta no expediente deste contrato para analizar todos os detalles e comprobar se, como aseguran os populares, existe algún tipo de irregularidade ou ilícito penal.

EXTINCIÓN EN CATRO ANOS

O portavoz do PP lembrou que o Concello de Pontevedra paga 20.000 euros ao ano á Comunidade de Montes da Canicouva por esta parcela, "sen tan sequera iniciar o estudo para a devandita planta", polo que entende que se cometeron os delitos de prevaricación e malversación de fondos públicos.

Argumenta que unha cláusula do contrato coa comunidade de montes indica que este se extingue aos catro anos se non se construíu a planta nese tempo. Pregúntase tamén "que fixo a comunidade de montes con ese diñeiro en todo este tempo".

"Tiráronse 100.000 euros de todos os pontevedreses en alugar terreos que non se usan", engadiu Rafa Domínguez.

RESPOSTA DO GOBERNO LOCAL
Por parte do goberno local, o concelleiro César Mosquera defendeu a actuación do Concello de Pontevedra neste contrato que segue en vigor e indicou que a Fiscalía "pode investigar o que queira" acerca deste expediente porque "non van atopar nada".

César Mosquera lembrou que o contrato de alugueiro recolle que se prorroga automaticamente e seguirá en vigor indefinidamente se unha das partes non o denuncia.

O edil nacionalista ha subliñado que o contrato e a súa prórroga cuentan cos informes favorables dos funcionarios municipais e apuntou que o Concello de Pontevedra mantén os seus plans de construír a planta de compostaxe neses terreos en 2023.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE