Compra de prazas de funcionario no Concello de Vigo? Ao consistorio "non lle consta" investigación xudicial

O goberno local de Vigo asegurou que non lle consta "ningunha actuación de investigación nin requirimento de información" sobre probas selectivas desenvolvidas no Concello.

|

A política de persoal non deixa de xerarlle problemas a Abel Caballero. O Supremo acaba de ratificar a condena polo enchufe a unha familiar de Carmela Silva e agora salta outro posible escándalo, referido á presunto amaño das oposicións para bombeiros e policías locais.


O alcalde de Vigo, Abel Caballero, comparece en rolda de prensa.


O goberno local de Vigo asegurou que non lle consta "ningunha actuación de investigación nin requirimento de información" sobre probas selectivas desenvolvidas no Concello.

Así se manifestou este venres nun comunicado despois de que 'La Voz de Galicia' avanzase unha investigación sobre unha posible venda de prazas para policía local e bombeiro en Vigo. A este respecto, fontes do consistorio olívico  indican ue se realizou unha consulta aos servizos xurídicos municipais e que "non consta ningunha actuación de investigación nin requirimento de información en relación coas probas selectivas desenvolvidas no Concello na actualidade ou en períodos anteriores".

En todo caso, as mesmas fontes insistiron en que o Concello de Vigo "respecta calquera actuación investigadora que puidera estar en curso nestes momentos" e "ofrece a súa plena colaboración para o seu desenvolvemento".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE