Oferta de emprego con 85 prazas na Universidade de Vigo aprobada a meses das eleccións

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) aprobou este martes a Oferta de Emprego Público (OPE) de Persoal de Administración e Servizos (PAS) para 2021, con 85 prazas.

|

A OEP aprobada hoxe é a máis numerosa das realizadas no actual mandato de Reigosa, que se prensentará á reelección.


A decisión contou coa abstención do presidente da Xunta de Persoal, Xan Cebro.


 “Cométese un erro á hora de aplicala aos distintos colectivos. Era unha oportunidade de sacar todas prazas de C2 de auxiliar administrativo que temos”, dixo Cebro, quen indicou que está aberta a carreira para elixir reitor. 


 Michinel, Manuel Reigosa, Rubio e Manuel Ramos no Consello de Goberno da Uvigo

Michinel, Manuel Reigosa, Rubio e Manuel Ramos no Consello de Goberno da Uvigo 



Relacion de vcantes na uvigo

Relación dalgunhas das prazas aprobadas


O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) aprobou este martes a Oferta de Emprego Público (OPE) de Persoal de Administración e Servizos (PAS) para 2021, con 85 prazas.

O acordo desta OPE, que representa a máis numerosa das realizadas neste mandato para este persoal, adoptouse con 24 votos a favor e unha abstención, segundo traslada a universidade. Esta oferta de emprego súmase á de persoal docente e investigador, que sumará máis dun centenar de prazas.

DIFERENTES CATEGORÍAS
En concreto, a OPE aprobada este martes ofrece 85 prazas para PAS, das que 12 corresponden á taxa de reposición, 58 a estabilización de emprego, 11 a promoción interna e unha a persoal indefinido non fixo. Do mesmo xeito, reserva seis prazas para persoal con discapacidade, catro da escala auxiliar administrativa e dúas da escala auxiliar técnica.

No marco da sesión do consello de goberno tamén se deu luz verde á selección das áreas de coñecemento para participar na convocatoria de prazas de catedrático e profesor titular, ademais da correspondente ás áreas para a convocatoria das prazas reservadas a persoal investigador da OPE de 2021.

Ademais, aprobouse a equiparación do salario dos investigadoras Ramón e Cajal e os doutores contratados, co mantemento das mesmas condicións económicas que as persoas investigadoras distinguidas da Universidade de Vigo.

LEI ORGÁNICA DO SISTEMA UNIVERSITARIO
Por outra banda, o reitor da UVigo, Manuel Reigosa, deu conta no seu informe da celebración da reunión da conferencia de reitores e a sesión do Consello de Universidades para abordar a Lei Orgánica do Sistema Universitario.

A este respecto, sinalou que o ministro de Universidades, Manuel Castells, "mostrouse disposto a seguir negociando e a dar macha atrás nalgúns cambios introducidos na LOSU". Reigosa afirmou que os reitores consideran que a lei non soluciona algúns problemas estruturais das universidades españolas e lamentou que, a medida que o Ministerio "fala con distintos representantes", mesmo "se vai afastando do que estaba inicialmente pactado" coa conferencia de reitores.

Así as cousas, advertiu de que será preciso "traballar moito" para que a normativa "sexa algo que reflicta as necesidades da universidade española no seu conxunto".

INSTALACIÓN DE CIENCIAS DO MAR NA ETEA
Noutra orde de cousas, Reigosa indicou que se negocia coa Xunta, a Zona Franca e o Concello de Vigo para instalar a Facultade de Ciencias do Mar na ETEA, mentres se traballa para que a proposta do Campus da auga sexa avaliada polo Goberno galego en 2022.

Adicionalmente, o reitor avanzou acordos alcanzados na mesa de negociación do persoal docente e investigador, como o da inclusión na próxima convocatoria de quinquenios e sexenios de profesorado axudante doutor e o principio de acordo para abonar o primeiro trienio a efectos do mes de xullo de 2022.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE