Alerta por intento de hackeo masivo suplantando avisos do SERGAS para a cita da vacina contra a covid

Os ciberdelicuentes están a enviar SMS que finxen ser do SERGAS para a cita da terceira dósis da vacina contra o coronavirus.Desde a Xunta informan á poboación que xamais lle van a pedir datos para confirmar a cita.


|

A Consellería de Sanidade acaba de alertar de un intento de hackeo masivo. 


Os ciberdelicuentes están a enviar SMS que finxen ser do SERGAS para a cita da terceira dósis da vacina contra o coronavirus.


Movilsms



Desde a Xunta informan á poboación que xamais lle van a pedir datos para confirmar a cita. Por iso, indican que os que reciban un SMS cunha ligazón non piquen no link, informou RNE.


A vacinación masiva renovouse o venres. A maioría dos maiores de 70 xa teñen cita. Os delicuentes cibernéticos aproveitan que moitas persoas desta idade non manexan ben as novas tecnoloxías para tentar roubarlles datos. 


Conseguidos os datos, os malfeitores poden realizar outras accións, como, por exemplo, tentar acceder aos servizos de banca en liña dos cidadáns ou tomar o control dos seus dispositivos.  


COMO AVISA O SERGAS DA CITA PARA A VACINA?

A Xunta lembra que avisa por SMS ou chamando por teléfono, pero só a quen non localizou. A chamada para a cita realizarase só a teléfonos fixos --nunca a móbiles-- e desde o teléfono 881 540 000 (se a persoa non ten teléfono móbil, chámaselle desde a propia área sanitaria).

A través dunha locución, Sanidade dirixirase directamente ao cidadán polo seu nome e apelido, que só terá que contestar marcando o número uno ou dous.

A Xunta salienta que "nunca se solicitará información persoal" nin tampouco o envío dunha mensaxe para contestar a unha mensaxe de texto. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE