Achan morta á muller de Trazo desaparecida desde o mércores pola tarde
Benedicta Pereiro Pouse, a muller de 77 anos que desapareceu o pasado martes no municipio coruñés de Trazo, apareceu morta este domingo, segundo confirmaron o 112 Galicia.
Benecdita nunha imaxe da Crtvg
Benedicta Pereiro Pouse, a muller de 77 anos que desapareceu o pasado martes no municipio coruñés de Trazo, apareceu morta este domingo, segundo confirmaron o 112 Galicia.
A desaparecida, segundo informaron, foi atopada, ao redor das 17,00 horas, nunha zona de eucaliptos, moi preto de Rial, na localidade de Trazo.
Un amplo dispositivo de procura foi despregado este pasado mércores no municipio coruñés de Trazo para tentar localizar a Benedicta, desaparecida desde a tarde do martes e diagnosticada con alzheimer.
Esta veciña de 77 anos da aldea de Ou Rial, na Alta de Trazo, saíu a pasear ao redor das 17,00 horas como afai facer cada día, pero non regresou á casa na que reside coa súa familia.
Tras notar a súa falta, os achegados de Benedicta Pereiro solicitaron axuda para dar co paradoiro da muller. No operativo de procura, ademais de veciños da zona, participaron efectivos de emerxencias, axentes da Garda Civil e da policía, así como da Axencia Galega de Emerxencias, que utilizou drons na zona da desaparición, onde tamén actúa un helicóptero.
Escribe o teu comentario