Acabouse o bo tempo, chega un temporal que deixas varias alertas
Os galegos puideron gozar dunha tarde de domingo de sol e temperaturas agradables para esta altura do ano. O panorama do tempo cambia mañá cun dos primeiros temporais do inverno.
Os galegos puideron gozar dunha tarde de domingo de sol e temperaturas agradables para esta altura do ano. O panorama do tempo cambia mañá cun dos primeiros temporais do inverno.
Meteogalicia activará na mañá deste luns avisos amarelos por fortes ventos no mar na Costa da Morte, no norte da provincia da Coruña e na Mariña lucense.
En concreto, serán ventos do nordeste con forza sete que comezarán ás 6,00 da mañá no litoral coruñés e ás 9,00 na costa de Lugo.
Esta situación de aviso manterase durante o resto da xornada do luns e estenderase ata a mañá do martes.
Escribe o teu comentario