Luís Enrique chama de urxencia ao celtista Brais Méndez

O centrocaEl centrocampista acode á chamada do seleccionador para cubrir as ausencias da última convocatoria.mpista acode á chamada do seleccionador para cubrir as ausencias da última convocatoria.


|

O centrocampista acode á chamada do seleccionador para cubrir as ausencias da última convocatoria.


Brais mendez españa

Brais Méndez con España | Foto: RFEF 


Do mesmo xeito que pasou no último parón internacional, as lesións abríronlle as portas da Selección Española a Brais Méndez. O futbolista celeste regresa a unha concentración de 'A Vermella' logo de que Luís Enrique chamáselle para a rolda final da Nations League, que o de Mos tamén se perdeu por lesión.



Nesta ocasión, Brais parece en plena forma para afrontar o reto de facerse un oco no esquema do seleccionador asturiano, que ten moi presente a calidade do galego e a súa progresión nos últimos anos. De feito, poucos futbolistas poden presumir de debutar con gol na súa primeira chamada coa absoluta.


Brais viaxa a Las Rozas para substituír a Yeremi Piñeiro, pero non será o único. Ansu Fati e Eric García caeron lesionados no partido que enfrontou ao Celta de Vigo contra o Barça. Raúl de Tomás e Diego Llorente serán o remplazo dos culés nos partidos decisivos contra Grecia e Suecia que marcarán a presenza de España no próximo Mundial de fútbol.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE