Protesta contra a "agresión" a unha transexual en Lugo e convocatorias noutras cidades o sábado

Máis dun centenar de persoas mostraron este venres a súa repulsa tras a agresión sufrida por unha muller transexual que supostamente foi lanzada desde a Muralla de Lugo na madrugada do pasado domingo por un home con antecedentes previos.

|

Representantes de todas as forzas con concelleiras acoden á mobilización, aínda que a alcaldesa pide prudencia antes de sacar conclusións sobre o carácter transfóbico do sucedido


A afectada segue ingresada no hospital con prognóstico reservado e o seu testemuño será clave para saber se algunha a fiscalía pide ou non prisión provisional para o investigado, que conta con antecedentes penais


Amizando convoca protestas similares á do venres en Lugo o sábado na Coruña, Pontevedra, Vigo e Santiago de Compostela 




Lugo. Concentracion en repulsa pola agresion sufrida por unha moza trans o pasado domingo. Unha moza trans foi lanzada desde o alto da Muralla romana de Lugo por un home con antecedentes penais por agresion sexual. Na imaxe,

Máis dun centenar de persoas mostraron este venres a súa repulsa tras a agresión sufrida por unha muller transexual que supostamente foi lanzada desde a Muralla de Lugo na madrugada do pasado domingo por un home con antecedentes previos.

Na protesta, convocada por colectivos como a Asociación de Familias de Menores Transexuais (Arelas) e a Asociación pola Liberdade Afectivo-Sexual (Ás), Avante e Amizando, leuse un manifesto a través do que se alertou dun "aumento" da violencia LGTBIfóbica e mostraron a súa repulsa á "violencia" sufrida pola moza de 23 anos, á que trasladaron a súa forza e agarimo.

No acto ao que acudiron representantes do PP, do PSOE, do BNG e Esquerda Unida, ademais, tomaron a palabra a activista Xacia Ceive e a presidenta de Arelas, Cristina Palacios, quen afeou ao Concello de Lugo que non dispoña dun protocolo de axuda ao colectivo.

INVOLUCIÓN SOCIAL
Ademais, no acto denunciouse a "pasividade" das institucións e de parte da cidadanía ante este tipo de agresións, e pediuse apoio ao colectivo nun contexto de "aumento dos discursos de odio cara ao colectivo LGTBI".

E é que, tal e como sinalou en declaracións a Europa Press o presidente en Lugo de ALAS, Marcos Fernández Trigo, o colectivo atravesa "un momento delicado" no que os protagonistas destes discursos de "medo e odio" cara ao colectivo pretenden arrebatarlles "os avances conseguidos durante décadas".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE