A Xunta decreta o 100% de servizos mínimos na sanidade pola folga en función pública deste xoves

A Xunta ditou o 100% de servizos mínimos nos servizos sanitarios ante a folga na administración pública convocada en todo o Estado por varios sindicatos e que en Galicia está apoiada pola Central Unitaria de Traballadoras (CUT) e Co.Bas, a Confederación Intersindical e STAP de Solidariedade Obreira.

|

A resposta do Goberno de Galicia á folga estatal é ditar o 100% de servizos mínimos nos servizos sanitarios. 


Así o recolle o Diario Oficial de Galicia esta xornada ante os paróns anunciados pola temporalidade dos funcionarios.


Arquivo - Manifestación en defensa da sanidade pública galega convocada por SOS Sanidade Pública, en Santiago de Compostela (Galicia) ao 9 de febreiro de 2020.

Manifestación en defensa da sanidade pública | Foto: EP


A Xunta ditou o 100% de servizos mínimos nos servizos sanitarios ante a folga na administración pública convocada en todo o Estado por varios sindicatos e que en Galicia está apoiada pola Central Unitaria de Traballadoras (CUT) e Co.Bas, a Confederación Intersindical e STAP de Solidariedade Obreira.


Este mércores, o Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle as dúas ordes emitidas polo Executivo galego que establecen os servizos mínimos para a xornada deste xoves, na que os funcionarios están chamados a parar en protesta pola temporalidade nas administracións públicas.


Así, os servizos mínimos alcanzarán o 100% en case todos os departamentos do Servizo Galego de Saúde. No seu justificaión, o Goberno galego incide en que a crise santiaria segue latente a pesar da súa evolución positiva, polo que considera necesario contar cos máximos efectivos para a cobertura da totalidade da actividade.


Por tanto, decreta uns servizos mínimos do 100% nos persoais do 061, hospitalización do Sergas, enfermería ou atención primaria. Para o persoal de xestión, establece o 100% nos sevicios de urxencias e o número de traballadores habitual para domingos ou festivos en hospitalización.


Os persoais de mantemento ou lavandería poderán chegar á metade, mentres que en limpeza fixa a obrigatoriedade de cubrir a totalidade da quenda en todas as áreas salvo en radioloxía intervencionista, esterilización e hospitalización non covid, que poderán funcionar ao 70%.

Para os traballadores administrativos sanitarios, a Xunta fixa o 40% da asistencia para a área de persoal e o 25% para subministracións, almacén e contabilidade.

Así mesmo, outra orde ditada pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo marca os servizos mínimos para o resto de persoais da administración dependentes das consellerías.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE