Xa están á venda as entradas para o concerto de Van Morrison no Coliseo da Coruña

O Concello da Coruña pon á venda este xoves, día 21, as entradas para o concerto que dará Van Morrison no Coliseo o 3 de decembro.

|

Ademais de por internet, os boletos pódense adquirir fisicamente na Praza de Pontevedra. 


É o primeiro concerto do irlandés na urbe desde o organizado en Riazor con outras grandes estrella nun dos primeiros festexos Xacobeos.


Van Morrison


O Concello da Coruña pon á venda este xoves, día 21, as entradas para o concerto que dará Van Morrison no Coliseo o 3 de decembro.


Segundo informa o consistorio, as entradas estarán dispoñibles en Ataquilla desde as 10,00 horas. En total, sairán á venda 6.760 pases, con prezos que parten dos 40 euros.

AFORO LIMITADO
Co concerto de Van Morrison, o Concello da Coruña retoma a programación de primeiras figuras internacionais da música e recupera os concertos co público en pé e cunha capacidade máis ampla que as establecidas por mor da pandemia, aínda que non chega ao 100%.

A actuación, prevista para as 20,30 horas, enmárcase na xira mundial que está a realizar o artista, na que o concerto da Coruña será un dos poucos previstos en España.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE